aCentral Folque participa con obradoiros de danza e Bailes Assalto os vindeiros 1, 2 e 3 de outubro na edición 2021 da Perifeira, Festa na Aldea que organiza Pista Catro, productora de Soños nas parroquias de Santiago de Compostela.
Podes saber todos os detalles da programación nas RR.SS. de PistaCatro: https://www.facebook.com/novocircogalego
O programa que conduce aCFolque será o de facer un obradoiro específico de danza cada día con Mercedes Prieto ás 18 horas e logo pór en práctica no Baile Assalto ás 20 horas coa música ao vivo Sergio Cobos e Xacobe Lamas. Para todos os públicos e atendendo as normas de sanidade, conduciremos estas actividades polos lugares da Galiza, Portugal e resto de Europa.
Programa:
- Día 1 outubro. A Peregrina. Tema: Galiza (en caso de chuva, as actividades realizaranse no CSC do Romaño)
- Día 2 outubro. Laraño. Tema Portugal. (en caso de chuva, as actividades realizaranse no CSC de Laraño)
- Día 3 de outubro. Banquete de Conxo. Tema: Europa (en caso de chuva, as actividades realizaranse no CSC de Conxo)
O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes de moda. Toman o nome dos bailes que se organizaban en Compostela no primeiro terzo do século XX que foron medrando en concorrencia especialmente durante o chuvioso inverno. As danzas de moda para desfrutar en comunidade: valses, mazurkas, polcas, bourrées, círculos, chotes, tangos, chapeloisse,… e por suposto xotas e muiñeiras e pasodobles!
O Baile Assalto comeza cun obradoiro de baile impartido pola mestra Mercedes Prieto sobre unha temática diferente cada día organizada xeograficamente: Galiza, Portugal e Europa. Logo durante o Baile, practicarase o aprendido e se farán outros xéneros indispensábeis.
A proposta integradora, respectuosa, aberta e festiva dá para partillar un espírito colectivo de gozo e liberación. Os bailes estarán adaptados á realidade pandémica e gardarán as medidas de distanciamento físico pertinente; nas modalidades de agarrado serán entre persoas convivintes. Esta é pois unha proposta para nenos e adultos, novos e vellos, bailadores experimentados e aprendices. Alegría en movemento!
Elenco:
- Guía: Mercedes Prieto
- Acordeón: Sergio Cobos
- Violino: Xacobe Lamas
Alén destas actividades haberá durante todo o día, actividades arredor do circo e a música ao vivo. Todo de balde.
Cursos de habilidades circenses, espectáculos da compañía Pistacatro, gran cabaré de variedades, humor e circo e final a festa rachada de Festicultores Troupe. Haberá tamén un mercadillo de 2º man de convocatoria aberta.