Boletín mensual de agosto

aCentral Folque acaba de facer o envio do segundo boletín mensual de novas. Cousas nas que andamos argallando nas últimas semanas e adiantos das vindeiras. Lembra que se queres seguir puntualmente as nosas actividades e recibir un mail, debes suscribirte expresamente nesta ligazón.

O mes de agosto trouxo consigo luces e sombras, decubrimentos, reencontros, despedidas, novos camiños que percorrer… e, coma sempre, moita música! Contámoscho todo nesta nova entrega da newsletter d’aCentral Folque.

Temas:

  • SEGUINDO OS PASOS DE MARUJA ROCA, A FOTÓGRAFA DE BECERREÁ
  • A VISITA DE IVÁN VILELA
  • PABLO CASTAÑO QUARTET TOCAN XUNTOS DE NOVO
  • DESPEDÍMONOS DO RIBEIRA
  • PEDRAS NAS LUCES, CANTEIROS E DRONS

Podes ver todos os detalles extendidos na seguinte ligazón

ADIANTOS:

– Moi pronto anunciaremos o novo disco de Pablo Sanmamed, un proxecto moi ambicioso no que colaborou con multitude de músicos de diversos ámbitos que van dende o jazz ata a música antiga para achegarse ás cantigas de Afonso X O Sabio dun xeito innovador

– Comezamos un novo curso na Escola d’aCentral Folque, coas habituais aulas individuais e colectivas de Sanfona, Violino, Canto, Frautas, Percusión, Gaita, Baile, Linguaxe musical: método Kodály, Harmonía, e análise na música popular, amais dos cursos maxistrais. Máis información na nosa web.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario