Publicamos unha nova edición dos Cancioneiros Zona da Zanfona na páxina de aCentral Folque para descarga libre commons.folque.com. Esta é a sétima entrega dunha publicación aberta e gratuíta feita con achegas de docentes de escolas galegas de zanfona para crear un repertorio común a partir das músicas tradicionais.
Podes acceder a este arquivo en formato PDF aquí.
Para esta edición contamos coas seguintes achegas:
Gutier Álvarez
- Carballesas de Manzaneda
- Muiñeira de Corporales
Ariel Ninas
- Rumba dos Tres Casamentos
- Ou da casa!
Vítor Soto
- Muiñeira de Florencio
- Pasodoble do Mazo
José Varela
- Foliada de Berducido
- Aparta, loureiro verde
Óscar Fernández
- Agarrao antiguo
- Reis
Esta publicación foi feita na Galiza e compilada por aCentral Folque 2024 co apoio da Deputación Provincial da Coruña. Departamento de Cultura.