Carlos Quintá: mestre de violino

Carlos Quintá, afamado músico de Lalín, experimentado intérprete das músicas de raíz reelaboradas, arranxista, compositor, violinista e acordeonista é o responsábel da aula de violino da Escola de Música de aCentral Folque en Santiago. Podes formar parte do seu grupo que comezará o vindeiro 8 de outubro no CSC da Trisca no bairro compostelán de San Pedro/Belvís en modalidades de ensino individual e grupal.

Sobre a aula

Baseado no ensino de repertorio de canto e gaita así como no escasamente conservado pero riquísimo estilo en Galiza para o violino. Atención tamén a outras culturas europeas onde este instrumento ten unha importante presenza: países escandinavos, illas británicas, centro e leste de Europa. A través de técnica específica para violino: dixitación, tonalidades, ornamentación, golpes de arco, etc. poñendo en valor a transmisión oral e a memoria musical. As aulas grupais serán para aplicar técnicas e arranxos en ensemble de cordas feito para diferentes niveis que o alunado poida ter e en base ao repertorio de tradicional de violino popular, gaita e canto oral.

As aulas impártense no CSC da Trisca (Corredoira das Fraguas 92, Santiago) en horario de tarde. As aulas individuais serán ás 17 h. as grupais de 18h a 21h.

O prezo total do curso é de 350 €.

Para inscribíreste, tes que encher o formulario online nesta ligazón: matrícula

Sobre o mestre

Carlos Quintá é diplomado en Maxisterio, músico e compositor. Acordeonista e violinista de vocación, primeiro formado no ámbito académico e despois de maneira autodidacta con interese polas músicas populares e a música moderna. Productor e arranxista dos discos de Linho do Cuco: 3, As alegrías e Viva Viva! e Peixe de Xisco Feiijoo. Co grupo Oradaladou graba e produce o disco Cantigueiro de Cotobade; co grupo Estatalá, orientado as músicas de baile, actúa desde o 2015. En 2020 edita xunto a Pedro Pascual De Botóns, Cantigueiro galego para acordeón diatónico. Ten colaborado en directo en estudo con grupos como: Motor Perkins, Os Cempés, Ataque Escampe ou Marful. No ano 2005 comeza a súa colaboración co grupo Seisdedos de marionetas tradicionais. No 2018 participa no elenco de Os Romeiros do Caracol de Fantoches Baj como músico e titiriteiro. Dende os 2014 forma parte da compañía Paporrubio de xogos tradicionais. Desde o ano 2023 é mestre de violino na Escola de Música de aCentral Folque


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario