aCentral Folque en colaboración coa Concellería de Culturas da Coruña presenta o mércores 12 de decembro ás 20:30 no Teatro Colón A Noite de Chané, na que se dará a coñecer o libro Chané O nacemento da música popular galega, de Sixto Gómez e Alberto Cancela. O espectáculo contará coa participación de Sixto Gómez como autor e investigador e do musicólogo Xoán Manuel Carreira. En canto ao musical contarase coa participación da Coral Polifónica El Eco (fundada polo propio Chané) e a cantora Rosa Cedrón acompañada ao piano por Alejandro Vargas, que interpretarán temas do disco Chané na Habana, de Cuba a Galiza. Guiará o acto a cantora e improvisadora oral Alba María, nunha viaxe de ida e volta pola música e a palabra que reivindica a importancia da figura do mestre coruñés.
A entrada é de balde previa retirada de convites no Kiosco da Praza de Oursense, a partir do vindeiro luns, 3 de decembro, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:30 a 13:00h e de 16:30 a 19:30 h, e tamén na taquilla do Teatro Colón, os días de función, unha hora antes do comezo dos espectáculos. Únicamente poderán facilitarse catro entradas por persoa.