Este venres día 9 comeza a SELIC. Festival da lectura e estaremos máis un ano co noso posto de venda. Nesta sétima edición voltamos á Quintana como punto neurálxico onde poderás visitarnos e mercar algún título novo, que non teñas, do noso catálogo. Outro dos cambios é o horario, desta vez, os postos abrirán de luns a venres de 16.30 h a 21.30 h mentres que sábado e domingo haberá tamén horario matutino de 11.30 h-14.00 h.
Como ven sendo habitual as actividades da SELIC espállanse pola cidade alén da Quintana e aCentral Folque ten reservadas unhas fantásticas propostas que poden ser do voso interese:
Día 12
Editar libros de fotografía. O traballo con arquivos fotográficos internacionais: o exemplo do Pálpito Interior de Ton van Vliet.
Hora: 19 h || Lugar: Praza da Quintana (escenario)
Conversación do fotógrafo e editor Eutropio Rodríguez coa xornalista e escritora María Solar sobre a edición con arquivos internacionais, mergullándonos nas experiencias galegas de Gustav Henningsen e Ton van Vliet. Na conversa exploraran o proceso de creación e edición do Pálpito Interior, no que Eutropio exerceu como editor da obra do fotografo holandés Ton van Vliet, así como nas repercusións que ten documentar e editar
un libro dunha comunidade no tempo.
Día 16
Abrindo tesouros: do documental na literatura.
Hora: 19 h || Lugar: Praza da Quintana (escenario)
Como documentar as experiencias das outras desde a poesía ou a novela? Por que escoller traballar cun magma de referencias, que a era da información fixo máis accesíbel? A poeta Alba Cid e o narrador e xornalista Xesús Fraga establecen unha conversa na que indagan sobre os procesos de documentación na creación literaria.
Día 18
“Basal” Recital poético musical. A Pedreira.
Hora: 20 h || Lugar: Praza da Quintana (escenario)
O recital poético musical de A Pedreira (Ugia Pedreira) é unha ponte entre o seu primeiro disco en solitario Segmento Cantábrico e o novo que está a construír. Entre canción, sopren word e poemas (algúns deles inéditos ou dos poemarios autoeditados “ A fugida” e “O sossego”) vaise tecendo o seu relato compositivo: salvaxe, tenro, atrevido, sagaz e directo ao esencial do relacionamento, de tu a tu, artista-público. A sonoridade natural do idioma, a arquitectura musical particular da autora, a súa expresión e movemento libre e o apego ao seu territorio que mira o mar Cantábrico son algunhas das curiosidades da súa posta en escena, ademais de grande dose de improvisación e interacción cxs presentes.
A Pedreira é cancionista e psicóloga. No seu novo proxecto Basal conecta música e psicoloxía de tal maneira que todas as accións e formatos do proxecto levan unha forte carga de pedagoxía hacia o desenvolvemento persoal como asignatura perpetua da humanidade. Centrase nunha das súas máximas teimas: a saúde indidual e social, a través da arte. A sua proposta instrumental é tamén basal, orgánica, vital, instintiva, connatural, anatómica e corporal, vinculeira, solitariamente:
Un modo pulcro e único de tocar a pandeireta e un modo curioso de tocar a guitarra.
Un pandeiro vegano, unha agulla de calcetar do 5 e medio.
Unhas pedras (xógaras) da Mariña, uns paos da praia.
Unha táboa de lavar e algunha cousa de última hora.
Acompáñanos!. Desde o venres 9 ao domingo 18 tes tempo abondo para facernos una visitiña polo posto 19 e por se tes interese en consultar toda a programación da SELIC preme aquí.