O vindeiro sábado 31 xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, celebrarase máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con máis de 20 concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval que completan os concertos na zona vella para pór o peche das festas na cidade.
PROGRAMACIÓN ARTÍSTICA TRADFEST COMPOSTELA 2021.
TradFest BONAVAL:
Festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval. Elenco: Cuarteto Caramuxo, Marcos Coll , Caldo, Caamaño & Ameixeiras, Tobie Miller, Najla Shami, Mulleres de Gharghamala!, Xico de Carinho e Cuchús Pimentel, Grupo 1500, Os da Porfía, TOR, Mozart á galega, Antonio Prado e Miguel Vázquez.
Ademais teremos unha feira de artesanía ao longo do día na entrada do parque
Parque e Igrexa de Bonaval
- 11.30: Antonio Prado e Miguel Vázquez
- 12.00: Mozart á galega (Igrexa)
- 12.30: TOR
- 13.15: Os da Porfía
- 13.30: Grupo 1500 (Igrexa)
- 14.00: Xico de Carinho e Cuchús Pimentel
- 16.30: Arredor da tradición
- 17.00: Najla Shami
- 17.30: Tobie Miller (Igrexa)
- 18.00: Caamaño & Ameixeiras
- 19:00: Caldo
- 19.15: Marcos Coll (Igrexa)
- 20:00: Cuarteto Caramuxo
*Entrada de balde. Reserva de billetes: aquí
E tamén….
Ruadas pola cidade (mañán e tarde) con:
- Cuarteto Seimeira
- Protois
- Low Bay Hot Band
Ademais temos estes outros eventos noutros puntos da cidade:
Praza de Praterías
- 20.00: Banda Municipal de Música de Santiago + Brincadeira
Entrada libre. Sen reserva.
TradFest QUINTANA:
Praza da Quintana
Foliada ao vivo: concerto especial coa Banda da Crechas e convidades de luxo para unha celebración das Músicas ao Vivo: Felisa Segade, Os da Porfía, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras, Sheila Patricia.
- 21.30: Foliada ao vivo: Banda das Crechas,Felisa Segade, Os da Porfía, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras, Sheila Patricia…
*Entrada de balde. Reserva de billetes: aquí