22 de abril ás 20:30h no Teatro Principal
A entradas xa están á venta no web de Compostela Cultura: Amorodios
Xan Campos é unha das voces máis persoais e recoñecidas do jazz ibérico contemporáneo presenta Amorodios o seu proxecto máis recente e, ao mesmo tempo, un punto de inflexión na súa traxectoria. Sen abandonar a identidade musical que definiu os seus traballos anteriores, este novo cuarteto abre unha vía nova no seu universo sonoro: por primeira vez, as letras e a voz entran no centro da proposta, grazas á presenza de Faia Díaz, cantante profundamente conectada coa tradición oral galega e que achega co seu canto unha forza nova, unha verdade que transforma a música e a volve raíz. Completan a banda dous músicos fundamentais do jazz galego: o batería Iago Fernández, recoñecido internacionalmente pola súa capacidade expresiva, e o guitarrista e baixista Virxilio Da Silva, que aporta unha gran riqueza tímbrica con ecos do rock. Amorodios é unha catarse e unha síntese, unha música viva, honesta, sen artificios, que conxuga mundos distintos para contar algo novo.
O concerto forma parte de Fiestra Aberta, o ciclo de concertos de Compostela Cultura. Fiestra Aberta é un ciclo de concertos que convida á escoita atenta e ao encontro entre a creación galega e outras voces singulares do panorama estatal e internacional. O programa convida a abrir unha xanela para contemplar e escoitar o mundo desde Compostela.








