Curso con Adrià Grandia

Adrià Grandia é un músico da Catalunya que xa estivo no noso Encontro de Zanfona Contemporánea (Narón, 2011) e volta á Galiza para unha serie de actividades enmarcadas no segundo ano de programación das xornadas O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea. Aproveitamos para ofrecer un curso monográfico especializado para zanfonistas que titulamos: “Non lles deas máis voltas!” o vindeiro sábado 14 de maio de 2022.

Detalles:

  • Lugar: Centro Sociocultural da Trisca
  • Santiago de Compostela
  • Data: sábado 14 de maio de 2022
  • Horario:  10 a 14 h – 16h a 18h. 6 horas totais
  • Prezo: 30 €
  • Prazas limitadas
  • Nivel: persoas iniciadas no instrumento
  • Inscripción: enche o formulario de embaixo; recibirás un correo coas instrucións de matrícula
  • + info: matricula@folque.com

Sobre o curso:

NON LLE DEAS MÁIS VOLTAS!

A miúdo relacionamos a zanfona co virtuosismo técnico do intérprete. Uns dedos lizgairos e unha disociación rítmica extraordinaria. Mais… cales son os elementos mínimos para facer música e acompañarnos ritmicamente? Como podo dar o carácter a unha mazurca ou a un 7/8 cos golpes básicos? Como podo tirar recursos sonoros ao instrumento sen pensar en tonalidades? Non lle deas máis voltas: hai mil xeitos!

Sobre o mestre:

Adrià Grandia (St. Fruitós de Bages, 1981). Descubriu a zanfona o ano 1993 pero non fué até o ano 2001 que empezou a tocar a zanfona. Puido facer virar a manivela en proxectos singulares como Electrik Consort, a “bandaèria”, loop project, astrud, tazzuff, newcat ademais de numerosas colaboracións e gravacións. O seu experimetación xunto á zanfona levouno á edición de Divisa, un disc en solitario onde se combina a zanfona con numerosos efectos e procesado de son. Actualmente esta procura de novos recursos segue adiante con Acte de Fe e Estratoclasi onde se combina a zanfona cos sintetizadores.

Formulario de inscrición:

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” se non chegase ao cartafol principal do teu correo electrónico.

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.



Estes cursos están organizados por aCentral Folque coa axuda de:

Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario