A A.C. Xacarandaina organiza un curso de percusión, impartido por Eliseo Parra os vindeiros 24 e 25 de maio en Coruña. O curso é de 12 h e ten un prezo de 140 € (110 € soci@s da Asoc.).
O curso vai ter lugar no local de Xacarandaina en Coruña, coincidindo músico e Asociación no seu respecto, recolleita, conserva, espallamento é innovación no tratamento da tradición demostrado ó longo de todo este tempo.
Este Curso de Percusión Tradicional celebrarase no local da Asociación Cultural Xacarandaina na Coruña, sito na rúa Historiador Vedía nº 3 Baixo, na zona de Juan Florez, moi preto do Pazo da Ópera da Coruña.
O horario será o seguinte:
- Sábado 24 de maio: de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h.
- Domingo 25 de maio: de 10h. a 14h.
O prezo do curso é o seguinte:
- Socios da AC Xacarandaina: 110 €
- Non Socios: 140€
Eliseo Parra é nado en Sardón de Duero (Valladolid) ten unha dilatada experiencia en varios estilos musicais, desde batería ata cantante de salsa e destacando no seu labor de divulgador e renovador de todas as músicas da Península. Os seus concertos e colaboracións con numerosos artistas, como a banda de percusión ibérica Coetus, acaban por achegar a rica cultura tradicional ó grande público, cultura extraida da terra grazas o seu traballo de campo a prol de recuperar as tradicións da percusión e cantos.