Dentro dos Monográficos de Primavera acentral Folque ofrece un Curso de análise de cancións tradicionais (2ª parte) da man dun dos meirandes expertos na materia en Galicia, o etnomusicólogo e pedagogo Sergio de la Ossa. Serán 8 horas de achegamento á canción tradicional, galega e doutras culturas para aprendermos os segredos e sintaxes destas músicas. Esta é a continuación aos cursos de introducción que leva feito nos últimos anos Sergio de la Ossa en Compostela e outros lugares de Galicia.
As prazas son limitadas para garantir un ótimo desenvolvemento do curso.
- Data: sábado 6 de maio
- Horas: 10 a 14 / 16 a 20 h
- Lugar: Auditorio de Galicia (Burgo das Nacións). Compostela
- Prezo: 45 €
- Inscricións e info: matricula@folque.com
https://analisemusical.wordpress.com/
Contidos
Contidos do curso de continuación:
- Exercicios para consolidar os coñecementos adquiridos no primeiro curso de introdución e práctica de análise de cancións de diferentes características. Discusión sobre exemplos achegados polos participantes no curso.
- Profundamos nas características dos xéneros musicais con exemplos.
- Formas estróficas: romances vellos e novos, estrutura de zéjel, formas compostas e con refrán. Exemplos formais máis complexos: subdivisións e distintos tipos de variantes.
- Escalas maiores con final en mi, notas pivotantes; proxección melódica.
- Cadencias: casos con melismas ao final dun verso.
- Exemplos de variación melódica como característica esencial da canción tradicional para completar a análise de formas básicas practicada durante o curso.
Sergio de la Ossa
Etnomusicólogo, encargado desde 2007 dos arquivos de música tradicional do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal). É mestre especialista en Educación Musical (USC, 1999) e no método Kodály (2010); ensinou música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, Hungría) entre 2011 e 2015. Ofrece regularmente cursos e conferencias, entre os que destaca a única de temática galega no WOMEX 2014. Participou en publicacións do eido da música e do baile tradicional, como Así fan os bailadores… (Dos Acordes, 2009) ou Repente Galego (Deputación de Pontevedra, 2016) de Ramon Almuinha. Actualmente imparte aulas de teoría no Curso Maxistral da Central Folque. Publica sobre cuestións relacionadas coa análise de música tradicional no blogue www.