Atención! ACTUALIZACIÓN sobre esta actividade comunicada a 25 de outubro 2024: este curso está desconvocado e non se vai celebrar.
O vindeiro sábado 26 de outubro de 2024 acollemos cursos de requintas coa tocadora Úrsula Rial en dous monográficos para iniciación e avanzado onde a mestra dispón de instrumentos para emprestar para quen se queira iniciar no traverso galego con requintas dispoñíveis en tonalidade de Sol, Re e Do para tocarmos xuntas. O monográfico terá lugar no CSC da Trisca (Corredoira das Fraguas 92).
Detalles:
- Lugar: CSC da Trisca. Santiago de Compostela
- Data: sábado 26 outubro 2024
- Horario iniciación de 11 a 14 h.
- Horario avanzado de 16 h a 19 h
- Prezo: 20 € (30 € se tomas os dous cursos)
- Prazas para ouvintes: 10 €
- Prazas limitadas
- Inscripción: enche o formulario de embaixo; recibirás un correo coas instrucións a seguir.
- + info: matricula@folque.com
Sobre o curso
Ürsus (Úrsula Rial Glez requinteira do Val Miñor) ofrece este curso para dous niveis sobre a frauta traveseira empregada na música tradicional galega para contextualizar, ver, escoitar, palpar e fazer soar ao pequeno e magnífico instrumento arraigado das nosas REQUINTAS en diferentes espectros musicais: históricos e actuais.
Fechando a experiencia, poremos os nosos sentidos atentos aos diferentes timbres e instrumentos que á acompañan na súa viaxe da DESMEMORIUM COLECTIVA.
Sobre a mestra ÜRSUS REQUINTEIRA
Úrsula Rial comeza a súa formación artística aos 4 anos anos de idade enrolándose con Mestres do eido da música Tradicional Galega como Antón Corral ou no Conservatorio Profesional de Vigo, con quen dominou técnicas de afinación e interpretación da Gaita Galega, percusións e bailes. No ano 2016 é pioneira en acadar o Diploma da Etrad de Vigo como Mestra de Música Folk e Tradicional na especialidade de Requintas Galegas, Escola na que actualmente é Mestra substituta da Especialidade, actividade que compaxina coas Aulas que do mesmo instrumento imparte na A.C. O Fiadeiro ademáis dos distintos Obradoiros sobre Traversos que imparte pola Península Ibérica.
Forma Grupos Musicais como Dúo Estatalá Ürsus e Carl ou Estatalá Trio, pensados para as Danzas Europeas, cos que toca para grandes Bailhes por toda a Xeografía Peninsular. Dende o 2018 participa na creación do Estudo Musical As Gonzalinhas de Lalín, no que colabora en gravacións de discografías como Linho do Cuco 3, Primeiros Bicos de Ataque Escampe ou Peixe de Xisco Feijoó.
Traballa no espectáculo musical de Carlos Quintá, para AFundación de Abanca. Actualmente desenvolve proxectos como a ‘Simbiose entre o baile e a música tradicional’ co músico e bailarín Artur Puga; o Festival Internacional Burla Verde ( Soane do Courel); Obradoiros ” Requintas Galãs”; Recontrucción “Valoriçandoo Camín, Patrimonio Material O Courel tra’los LuMes” en Vilar, Museo Xan de Vilar, Folgoso do Courel.etc.
Formulario de inscrición:
Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación e as instrucións de pagamento; debes mirar na pasta do “spam” se non te chegase á pasta principal do teu correo electrónico.
Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Estes cursos están organizados por aCentral Folque co apoio do Concello de Santiago