Cursos Zona da Zanfona 2023

Máis un ano, parte da programación da Zona da Zanfona, Encontro Internacional de Rianxo está adicada aos cursos intensivos de interpretación para músicos de todas as condicións. Un curso para iniciarse e coñecer o instrumento, adicado a persoas que nunca tiveron unha zanfona nas mans, músicos ou non, que quieran experimentar e mexer nun instrumento que emprestamos. E dous cursos para xente iniciada o venres pola tarde para que quen queira poida asistir tamén ao curso avanzado (como ouvinte ou participante activo) o sábado todo o día.

Os mestres convidados son:

Óscar Fernández para o de iniciación desde cero con instrumentos que serán emprestados para a realización do curso para as persoas interesadas en achegarse dun xeito intenso nunha xornada para músicos ou non músicos que queiran descubrir este universo sonoro.

O músico e pedagogo Vítor Soto impartirá un curso orientado a tocador@s iniciados na zanfona que queiran expandir o seu coñecemento e adquirir recursos interpretativos para dedidallado e arco e aplicación en repertorio.

O curso de nivel avanzado será impartido polo convidado internacional deste ano, o virtuoso canadense  Ben Grossman sobre músicas experimentais e técnicas estendidas para zanfona.

Información xeral:

  • Data: venres 30 xuño pola tarde (iniciación e intermedio) e sábado 1 de xullo todo o día (avanzado)
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Prezos: 20€ (iniciación) / 30€ (intermedio) e 45€ (avanzado)
  • Prezo ouvinte curso avanzado: 20€
  • Prazas limitadas.
  • Debes encher o formulario dixital que aparece que cada unha das seguintes entradas (*recibirás un correo (non inmediato, non automático) coa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula)

+ info:

Sobre os mestres:

Ben Grossman

Improvisador, músico de estudio, compositor, e comisario de instalacións sonoras. Traballa en varios campos e varios rexistros: composicións, bandas sonoras para filmes e televisión, deseño de son para teatro, instalacións, electrónica experimental, transmisións de radio, e concertos solistas ou en bandas. As ferramentas de Ben son a zafnona electroacústica, a percusión e a procurando o diálogo entre a interface física a creación de son, a composición espontánea e a exploración acústica. Estudou zanfona en Europa con Valentin Clastrier, Matthias Loibner e Maxou Heintzen e tamén estudou música turca en Istambul. Cun interese en puxar os límites dos seus instrumentos e as fronteiras de calquera local ou medio no cal traballa, o fabuloso proxecto do duplo CD Macrophone foi lanzado en 2007 e nun concepto e formato único de dous disco para reprodución simultánea e aleatoria. É o fundador e director artístico de Silence, un local internacionalmente respectado e unha serie de concertos para música nova e experimental de arte sonora.

Ten traballado con artistas internacionais de suceso internacional coma Loreena McKennit, Mercan Dede, The Toronto Consort ou Mastika e participado en máis de 100 traballos discográficos. Se queres saber máis do seu traballo, visita a súa web www.macrophone.org

Vítor Soto

Diplomado en Maxisterio Musical pola UV e Técnico nas Ensinanzas Profesionais de Música polo Conservatorio de Pontevedra. Realiza estudos de zanfona con Anxo Pintos na E-TRAD de Vigo e con Germán Díaz en Santiago de Compostela e Lugo. Ten feito cursos con zanfonistas do prestixio internacional coma Tobie Miller, Johannes Geworkian Hellman, Efrén López, Gregory Jolivet, Francesco Giusta, Matthias Loibner…. Dende hai once anos, desenvolve o súa labor docente como ensinante de zanfona na Escola de Gaitas Provincia de Pontevedra en Vigo, na Escola de Música do Centro Dotacional de Torroso (Mos) e no Centro Cultural O Fuscalho da Guarda. Durante este tempo, impartiu tamén aulas de zanfona na Asociación Cultural “Brisas do Quenllo” na Pontraga (Tordoia) e na Asociación Cultural “ Seis por Oito” de Vigo.

Entre as súas gravacións atópase a participación como zanfonista no disco homenaxe a Faustino Santalices “A zanfona na Galiza no s.XXI”, no libro/cd “Contos e Coplas de Estrelas” e no traballo “Trastempo” da Orquetra Sondeseu. Organiza os “Cursos de Zanfona do Viso” xunto ó luthier e músico Carlos do Viso.

Óscar Fernández é unha personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o ano 1998 céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos e nos cursos da AIZ con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz…

Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo de Xemelgas con Manu Fraguela. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galega.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario