Da Pedra que Fala á Pedra Faladora

4 de xullo de 2026

10:30 h – 14:00 h | Roteiro: Da Pedra que Fala á Pedra Faladora

Clube Espeleolóxico Maúxo e Xosé Miguélez, | San Xoán de Fecha – Monzo

O río Tambre une Compostela e Trazo. Nunha das súas beiras sitúase San Xoán de Fecha, coas súas extraordinarias estacións rupestres, entre as que destaca a coñecida Pedra que Fala. Na outra atópase o espazo rupestre do Pedregal, en Monzo (Trazo), onde se localiza a singular Pedra Faladora.

Guiado por membros do Clube Espeleolóxico Maúxo, en colaboración coas asociacións culturais locais, este roteiro conectará por primeira vez dous espazos emblemáticos do patrimonio rupestre sonoro galego.

Durante o percorrido abordaranse cuestións xeolóxicas, antropolóxicas e lendarias, e contará con intervencións musicais creadas especificamente para estes espazos polo músico Xosé Miguélez, referente do jazz galego contemporáneo. A actividade contará con servizo gratuíto de autobús e rematará cun xantar comunitario organizado polas asociacións veciñais das dúas beiras do Tambre.

Podes apuntarte na páxina sobre as inscricións

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario