De novo en Fecha: arte, memoria e baile

O Fechiño. 4º Festival Rupestre e de Proximidade

Volve O FECHIÑO. Festival Rupestre e de Proximidade á parroquia compostelá de San Xoán de Fecha. Un ano máis, e durante tres xornadas (sábado 5, venres 11 e sábado 12 de xullo), aCentral Folque produce este festival de escala humana man a man coa comunidade local, descubrindo o patrimonio rupestre da zona. Unha experiencia lúdica para compartir coa familia, amizades e veciñanza.

SÁBADO 5 DE XULLO

Celebraremos o Serán diverso ás 18:00 no Santuario de Belén conducido por Xavi Castaña e as Pandereteiras da A. X. Regueifa do Val do Dubra. Trae os teus instrumentos e súmate ao palco aberto.

Ao caer a tarde do 5 convocámosvos n’A Pedra que Fala, ese promontorio granítico que imanta as nosas actividades ano tras ano teremos a actividade “Pedras e Estrelas”, unha visita nocturna guiada polo Colectivo A Rula ás 21:30; e ás 23:30. Despois contaremos cunha sesión de Astronomía Cultural con observación do ceo nocturno con Antón Bouzas. (*Prazas limitadas)

VENRES 11 DE XULLO

No Monte Espiñeira ruta en bicicleta “Os canóns do Tambre” de 17:00 a 19:00, saída desde o CSC de Lamascal e remate no radar do Monte Espiñeira. Despois visita ao conxunto rupestre do Monte Espiñeira dirixida polo Colectivo A Rula. (*Prazas limitadas)

SÁBADO 12 DE XULLO

O día grande é o sábado 12 de xullo.  Botaremos a andar ás 10:30h co roteiro “Rupestre sonoro” guiado polo Clube Espeleolóxico Maúxo. Durante esta ruta quen asista coñecerá as estacións líticas da zona como a Pedra que Fala, a Pedra Longa, o Casarello, a Pedra Cabalgada e o Aguillón realizando intervencións de contido científico, artístico e histórico. Entre elas, a de Xurxo Souto, que ás 11 h visita a Pedra que Fala cunha actuación en exclusiva, para contar e cantar sobre estas pedras faladoras e sobre os cantos de canteiros, coma o Berro Seco.

(**Ao rematar o bus trasladará ás persoas asistentes que o precisen ao campo da festa de Lamascal ou a Santiago de Compostela.)

O xantar popular comeza ás 14:30 h en Lamascal, onde estará disposta a carpa, con mesas e asentos. Traede a vosa comida ou reservade en ofechinho@folque.com, hai menú por 22€ (con opción vegana).

Na sobremesa, entregaremos o “Fechiño de honra” á cantadeira Aurora de Freira, unha desas persoas imprescindibles para a vida de Fecha. A continuación Alba María e Andrea Nunes Brións ofrecerán “Todas as formigas percorréndome en mandas” un espectáculo poético-musical en chave feminista que mestura regueifa con música, poesía para tratar a actualidade, o xénero e as disidencias.

A xornada de tarde continúa ás 18:30 h en Lamascal co xa tradicional “Baile Assalto” de danzas, o encontro de música e baile interxeracional conducido pola bailadora Montse Rivera e dirixido a quen desexe asaltar os torreiros a ritmo de muiñeira e xota. Non é preciso ter o cinturón negro de baile, só hai que traer o corpo e querer bailar!

Paralelamente en San Xoán de Fecha de 17:00 a 20:00 terá lugar o roteiro “Tres fortalezas para tres tempos” actividade na que o xunto ao profesor e divulgador Manuel Gago visitaremos tres fortalezas dentro da parroquia: un espazo que malia parecer reducido, dá medida e síntese dese pasado que continúa a nos interrogar. (*Prazas limitadas)

O fin de festa desta cuarta edición do Fechiño serán as actuacións musicais do serán, con artistas de referencia na escena actual galega. O dúo Abril subirá ao palco ás 21 h e o baile continuará ás 22:15 h con Tres Pesos.

Durante todo o 12 teremos o Fechiño Analóxico. O fotógrafo Agos é o responsable desta singular proposta, que busca a creación dunha obra audiovisual feita a partir das fotografías tomadas con cámaras analóxicas polo público. A obra resultante será subida a internet, podes ver a obra resultante aquí

OLLO:

  • *Para as actividades con prazas reservadas, debes enviar un correo a ofechinho@folque.com
  • **Haberá un bus para desprazarse durante a xornada do 12 de xullo. Sae da Praza de Galiza ás 10 h e desde Santa Isabel ás 10:10 h, con volta ao remate dos concertos. Para reservar o teu asento, envía un correo a ofechinho@folque.com e fai uso do transporte colectivo!

O FECHIÑO é unha produción de aCentral Folque que conta coa colaboración de varias asociacións e colectivos culturais como:

  • Asoc. Ambientalista A pedra que fala
  • Clube Espeleolóxico Maúxo
  • Colectivo Cultural A Rula
  • a Asoc. Veciños S. Xoán de Fecha
  • a Asoc. Veciños. Sta. Cristina de Fecha
  • a Asoc. de veciños de Montelongo
  • e apoio da Concellaría de Capital Cultural do Concello de Santiago de Compostela.

PROGRAMA COMPLETO DO FECHIÑO 25

SÁBADO, 5 DE XULLO

Santuario de Belén

  • SERÁN DIVERSO 18:00. Xavi Castaña (Compostela) e Pandereteiras da A.X. Regueifa (Val do Dubra). Palco Aberto. Trae os teus instrumentos!

A Pedra que Fala

  • Visita nocturna á Pedra que fala.

21:30. Guiada polo Colectivo A Rula

  • Sesión de Astronomía Cultural

23:30. Guiada por Antón Bouzas

Actividades con limites de prazas: inscrición previa en ofechinho@folque.com

VENRES, 11 DE XULLO

MONTE ESPIÑEIRA

  • 17:00 – 19:00 Ruta en bicicleta “Os canóns do Tambre”

Saída do CSC de Lamascal

Actividade con limite de prazas: inscrición presencial no CSC Maruxa e Coralia ou no teléfono 981 542 456

  • 19:00 – 21:00 Visita co Colectivo A Rula ao Conxunto rupestre Monte Espiñeira

Prazas limitadas, reserva xa enviando un correo a ofechinho@folque.com

SÁBADO, 12 de xullo

A PEDRA QUE FALA

  • 10:30 – 14:00 – Roteiro rupestre sonoro guiada polo Clube Espelelóxico Maúxo
  • 11:00 – Actuación “O Berro Seco” por Xurxo Souto

CAMPO DA FESTA DE LAMASCAL

  • 14:30 – 16:00. Xantar popular

Trae a túa comida ou reserva en ofechinho@folque.com Menú 22€ (Tamén hai opción vegana)

  • 16:30 – Entrega do FECHIÑO DE HONRA a Aurora de Freira
  • 17:00 –  Alba María & Andrea Nunes Brións: Todas as formigas percorréndome en mandas
  • 18:30 – Baile Assalto con Montse Rivera

SAN XOÁN DE FECHA  E CASTROMAIOR – FONTOADE

  • 17:00 – 20:00 Roteiro “Tres Fortalezas para tres tempos” guiado por Manuel Gago

Actividade con límite de prazas: inscrición previa en ofechinho@folque.com

CAMPO DA FESTA DE LAMASCAL

  • 21:00 – Concerto de Abril
  • 22:15 – Tres Pesos

Servizo de transporte gratuíto: haberá un autobús de balde entre a Praza de Galiza e Lamascal, con parada en Santa Isabel:

10:00 h saída da Praza de Galiza

14:45 h saída de Lamascal

16:00 h saída da Praza de Galiza

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario