Descarga un anaco do Abellón

Abellón. O libro negro das zoadeiras dos autores Xoán-Xil López e Mauro Sanín foi publicado a finais de 2019 por aCentral Folque en formato físico como segundo número da colección Seiva. Lanzamos desde o portal http://commons.folque.com un anaco en formato .pdf para descarga gratuíta cunha guía de construcción dunha das zoadeiras inseridas no libro. O libro é un ensaio de divulgación sobre o mito das abellas dentro das prácticas populares galegas asociadas coa morte e a súa relación con instrumentos universais como as zoadeiras ou bramadeiras. Achega ideas e referencias arredor do mundo apícola, os rituais de tránsito ou o son como fenómeno acústico e social en moitas culturas e momentos históricos.

A segunda parte do libro é unha guía ilustrada de construción de zoadeiras para todos os públicos con modelos tradicionais e contemporáneos. A zoadeira No.5 é a que podes facer desde a descarga. Se tes interese pola arte sonora, a antropoloxía, a etnomusicoloxía, a artesanía DIY, a pedagoxía, os brinquedos sonoros ou os libros antigos, esta é a túa publicación. Se queres mercar o libro en formato físico, segue esta ligazón: Mercar_

Para saber máis do proxecto Abellón, segue esta ligazón


Vídeo-arte do Abellón#5 (zoadeira pra construir):

 

 

 

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario