aCentral Folque leva un obradoiro de baile para crianzas acompañadas con pais e nais até a Cidade da Cultura co gallo do Día Internacional da Danza conducido por Mercedes Prieto. O vindeiro sábado 29 de abril no Museo Centro Gaiás acolle o Día da Danza cunha actividade familiar na que descubrir os bailes tradicionais.
Cada 29 de abril homenaxea a Jean Georges Noverre, creador do ballet moderno, e a Cidade da Cultura pon en marcha un obradoiro de baile en familia seguindo as indicacións de Mercedes Prieto e ao son de Serxio Cobos, que interpretará en vivo diferentes instrumentos como o acordeón, a gaita e percursións.
Os asistentes poderán descubrir e aprender xogos e bailes de roda galegos como o Xogo da Carrasquiña, o Chotis de Vilaxoánou o Gharutiño. E ademais recibirán unha introducción ás danzas dos maios, xa próximos no calendario.
A actividade está pensada para todos os públicos a partir de 5 anos e terá lugar o sábado 29 de abril ás 18 horas.
As entradas xa están á venda a un prezo de 3 euros no Museo Centro Gaiás e ataquilla.com (+gastos de xestión). Como todas as actividades culturais da Cidade da Cultura, este obradoiro pola Día da Danza conta cunha serie de descontos e promocións que poden consultarse en cidadedacultura.gal