Publicamos a partitura dunha nova obra composta por David Bellas para gaita tenor preparada e sanfona en descarga libre e gratuíta na sección Partituras da web commons.folque.com.
O autor escribe o seguinte nas notas á partitura:
“É rama na maré, é unha obra para dous instrumentos que pretende ser un xogo, un diálogo e unha aprendizaxe por medio da interacción e a escoita activa. Unha brincadeira polos espacios microtonais.
É rama na maré, son moitas cousas, pero sobre todo é unha forma de interactuar e aprender de forma lúdica mediante a repetición e asunción da sonoridade dun palíndromo que eu emprego coa a miña filla Uxía de tres anos. Tamén é unha postal, unha imaxe conxelada dun tempo no que eu era un neno e ía co meu avó Enrique buscar a madeira que chegaba a inexiste xa Praia da Carraca no Barqueiro (Mañón, A Coruña) xa que era moito mellor para a leña…”
Podes descarregar esta partitura aquí:
https://commons.folque.com/2025/01/21/e-rama-na-mare-obra-para-gaita-preparada-e-sanfona/
Esta peza foi estreada en outubro 2022 para un concerto encomendado por aCentral Folque para o ciclo Bordóns e interpretada polo propio compositor acompañado á zanfona por Iván Abal na igrexa de Santa María de Godos en Caldas de Reis (Pontevedra).
Esta e outras pezas serán interpretadas no concerto que ofrecerán estes dous músicos para o ciclo Contemporáneas no Auditorio de Santiago de Compostela o martes 22 de xaneiro de 2024. Programa baixo o título By the way…