Este vindeiro xoves 22 de decembro terá lugar a última acción do ano do programa Efecto Proximidade no Mercado de Salgueriños que o Concello de Santiago promove nesta singular feira semanal. A xornada contará máis un ano cun concerto de flamenco, logo do suceso do nadal pasado de Marcos Teira. Desta volta será o VIGO Distrito Flamenco, un proxecto liderado por Cuchús Pimentel. Ademais haberá animación de pasarrúas polo mercado cos Emijrantes (Émijran.beat), degustación de sopa quente e actividades para as crianzas.
O Efecto Proximidade nace do interese do concello de Santiago de Compostela por dinamizar unha das feiras máis coñecidas na cidade que cada xoves enche a esplanada da rúa de Melide ao norte da cidade con postos de textis, plásticos, libros, música, variedades, e desde este verán con produtos alimenticios. As accións de dinamización buscan achegar ao público do mercado propostas de lezer e cultura e atraer a outras persoas ao entorno da feira.
Programa completo para o 22 de decembro:
- 12 h Pasarrúas con Emijrantes (Émijran.beat)
- 12h. Decoración facial para crianzas
- 12.30 h Degustación de sopas
- 13 h. Concerto de Cuchús Pimentel “Vigo Distrito Flamenco”
- Cuchús Pimentel: guitarra
- Mónica Bermúdez: cante
- David Rdríguez “Cachito”: cante
- María Rial: baile
- Moisés Fernández: percusión