A finalidade do itinerario de formación continua da Escola de Música Popular e Avanzada é dotar ao alumnado das habilidades básicas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Esta capacitación instrumental permitiralle optar, se o desexa, aos circuítos profesionais, servíndolle aCentral Folque de plataforma, asesoramento, punto de encontro, etc. Neste sentido, aCentral Folque promoverá a convivencia entre as diferentes propostas elaboradas polo alumnado, tentando ser un verdadeiro laboratorio de formas musicais patrimoniais galegas. Este ensino vén avalado polos 15 anos de experiencia e traxectoria e é a continuación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (2000-07) e da pedagoxía da Escola Livre da MPG (2008-15).
O estudo regular da divídese en varias especialidades (aulas) e o docente ten a liberdade de cátedra para organizalo e adaptalo ás necesidades de cada estudante.
As aulas son individuais e prácticas eminentemente.
As aulas colectivas son en grupo.
As aulas regulares teñen lugar desde finais de outubro até finais de xuño
MATERIAS, MESTRES e HORARIOS:
AULAS INDIVIDUAIS
Mestre: Paulo Gonçalves
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábados
- SANFONA
Mestre: Óscar Fernández
Lugar: Auditorio de Galicia
Días: venres e sábados (só mañá)
- TÉCNICA VOCAL
Mestra: Paulina Ceremuzynska
Lugar: Auditorio de Galicia
Días: venres
- REPERTORIO E CANTO TRADICIONAL
Mestre: Quique Peón (repertorio e canto tradicional)
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábado (curso monográfico en inverno/primavera de 2016; datas por confirmar)
- FRAUTAS E REQUINTA
Mestre: Roberto Sala
Lugar: CSC O Castiñeiriño
Días: luns (tarde)
- PERCUSIÓN TRADICIONAL
Mestre: Carlos Freire
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábados
- VIOLINO
Mestre: María G. Blanco
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábados
- HARMÓNICA
Mestre: Ariel Ninas
Lugar: CSC A Trisca
Días: sábados
AULAS COLECTIVAS
- GRUPO DE IMPROVISACIÓN ORAL E REGUEIFA
Conductora: Alba María
Lugar: Auditorio de Galicia
Días: venres (tarde)
- HARMONÍA NA MÚSICA POPULAR CONTEMPORÁNEA
Mestre: Alejandro Vargas
Lugar: Auditorio de Galicia
Días: sábados
- LINGUAXE MUSICAL (MÉTODO KÓDALY)
Mestre: Sergio de la Ossa
Lugar: Auditorio de Galicia
Días: sábados
_
O reparto de horarios será acordado polo propio profesor/a co alumnado unha vez estean as preinscricións feitas e serán comunicadas ao alumnado.
Cada estudante pode escoller as especialidades que queira sen restrición de ningún tipo nin obligatoriedade de facer materias complementarias.
As aulas do curso 2014/15 comezarán o venres 30 de outubro e rematarán o sábado 26 de xuño