O equipo docente do curso de Formación Continua que imparte as aulas individuais e colectivas da Escola de Música Popular e Avanzada está formada por un elenco de recoñecidos músicos da escea galega da música tradicional e folque. Son profesionais a tempo completo que en Santiago desenvolven a súa labor docente para a EMPA.
MESTRES DE AULAS INDIVIDUAIS
Carlos Quintá _Violino
Carlos Quintá é diplomado en Maxisterio, músico e compositor. Acordeonista e violinista de vocación, primeiro formado no ámbito académico e despois de maneira autodidacta con interese polas músicas populares e a música moderna. Productor e arranxista dos discos de Linho do Cuco 3; As alegrías e Viva Viva! e Peixe de Xisco Feiijoo. Co grupo Oradaladou graba e produce o disco Cantigueiro de Cotobade; co grupo Estatalá, orientado as músicas de baile, actúa desde o 2015. En 2020 edita xunto a Pedro Pascual De Botóns , Cantigueiro galego para acordeón diatónico Ten colaborado en directo en estudo con grupos como: Motor Perkins, Os Cempés, Ataque Escampe ou Marful. No ano 2005 comeza a súa colaboración co grupo Seisdedos de marionetas tradicionais. No 2018 participa no elenco de Os Romeiros do Caracol de Fantoches Baj como músico e titiriteiro. Dende os 2014 forma parte da compañía Paporrubio de xogos tradicionais.
Carlos Freire _Percusión tradicional
Comezou a súa andaina musical como percusionista e gaiteiro en formacións da comarca de Ferrolterra (Gallaecia, Amacuca, etc). Continuou con estudos no Semirario permanente de Jazz de Pontevedra e Conservatorio Superior da Coruña. Tomou clases de percusión árabe, latina, batería e improvisación cos mestres Mohamed Alsayed, Eliseo Parra, Antonio Bravo, Andrés Rivas, Fernando Llorca, Roberto Somoza, Quin Garcia, Abe Rábade,entre outros. No ano 2000 comezou a tocar como músico profesional nas banda de Mercedes Peón e Susana Seivane, participando en festivais nacionais e internacionais como: “La Nuit Celtique” (París, Bercy), “Celtic Connections” (Glasgow), “Festival intercéltico de Lorient” (Francia), etc.
No ano 2012 pasou a formar parte da banda de Xoel López e do seu disco “Atlántico”. Actualmente combina os seus estudos, coa actividade como membro das bandas de: Susana Seivane, Pesdelán, Pablo Díaz, Xoan Curiel, Alejandro Vargas Trio, La Macorina, Miguel Flores Trio, e diversos proxectos no ámbito do jazz.
Óscar Fernández _Sanfona
Personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e é un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o ano 1998 céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos e nos cursos da AIZ con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz… Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galegas.
Roberto Sala _Frautas e requinta / Percusión / Gaita
Polifacético artista especializado en instrumentos de vento: gaita, cromorno, chirimía, frautas de bico e traveseiras. Estudou frauta en Madrid con Juan Vilches. Roberto Sala é membro fundador do grupo de música antiga Martín Códax con quen gravou importantes fitos discográficos e ten tocado en festivais europeos de recoñecida traxectoria. Tamén é o fundador do grupo Acibreira. Imparte aulas de gaita e requinta desde o 1995 para numerosos grupos do norte galego mobilizando a un importante número de músicos amadores da Mariña luguesa e Asturias. Ademais desde principios do 2000 adícase á gravación e produción no seu estudio en San Miguel de Reinante (Foz).
MESTRES DE AULAS COLECTIVAS
Sergio Cobos _Baile_Canto e Pandeireta
Un dos bailarinos máis experimentados do país, con máis de 20 anos adicado ao ensino de danzas tradicionais e intérprete e autor de coreografías desde finais dos anos 90. É coautor de libros para métodos de baile tradicional (Zampadanzas do mundo; Para cantar e bailar); creador da música de espectáculo que mesturan o baile tradicional coa danza contemporánea coa súa compañía Circio (Baile de soños); acordeonista do trio Mala Herba. Os últimos anos foi desde o Alentejo para todo Portugal desde onde activou unha escena de baile galego no país veciño.
Sergio de la Ossa _Linguaxe Musical, método Kodály / Análise de cancións tradicionais
Sergio de la Ossa é etnomusicólogo, mestre especialista en pedagoxía musical Kodály e guitarrista. Estivo a cargo do arquivo de música tradicional do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal, 2007-2018). Actualmente é mestre de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015; 2020-); ademais de aulas de solfexo e de teoría e análise n’aCentral Folque, ensina guitarra e harmonía clásica na Escola Berenguela, en Santiago; mantén o blogue sobre música tradicional www.analisemusical.wordpress.com e forma parte da banda Gergelyes, dedicada ao baile e a música dos húngaros csángó (Moldavia). Como autor, asina A Basic Guide to Folksong Analysis (Budapest: Liszt Academy of Music, 2019) e Dispostas para cantare, CD con libriño editado polo Museo do Pobo Galego no seu 40 aniversario (2017). Colabora con estudos musicais en publicacións como Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na aliza (1977-1983) (aCentral Folque, 2019; con J.L. Forneiro); Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCF, 2017; con Xavier Groba); Repente Galego (Dep. de Pontevedra, 2016), de Ramon Pinheiro; ou Así fan os bailadores… (Dos Acordes, 2009).
Alejandro Vargas _Harmonía moderna
Alejandro Vargas, premio Cubadisco de jazz en 2008 e premio especial no 2014. Na actualidade é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz, máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos. Graduado polo Instituto Superior de Arte (ISA) de La Habana, ten tocado cos mellores maestros e nos mellores escenarios do jazz internacional. O seu disco “Trapiche”, foi premiado en 2008 como mellor traballo do ano. En 2009 participa no proxecto galego-cubano, producido por aCentral Folque, “Descarga ao vivo”, do que foi un dos directores artísticos. Desde entón está afincado en Galiza, onde publicou o disco “Oceanía”(2010) como pianista e compositor. Lidera varias formacións a trio e cuarteto e a finais de 2014 publica o seu último disco solista con improvisacións ao piano nunha edición limitada feita a man “AMa AZa LaNdo”
MESTRES PERMAMENTES DO CURSO MAXISTRAL aCF
Ramom Pinheiro _Historia e contextos
Ramom Pinheiro licenciouse en Historia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da música galega no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e director artístico da editorial discográfica Ouvirmos. Foi membro do Consello asesor do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega, e docente de Historia da música galega na Central Folque (Compostela). Ten colaborado en diversas ocasións con grupos musicais, especialmente con Chouteira. Actualmente é o Director Artístico de aCentral Folque- Centro Galego de Música Popular. Autor de varios artigos sobre historia da música en diferentes publicacións e autor do libro “A La Habana me voy. La múisca de los gallegos en Cuba” e un inminente libro sobre o repente e improvisación oral.
Xavier María López _Músicas contemporáneas
Profesor titular da especialidade de “Historia da Música” en Conservatorio. Profesor titular da especialidade de “Música” en Ensino Secundario. Como instrumentista obtén o Grao Superior na especialidade de Frauta. No eido interpretativo foi integrante do grupo “O Demo da Mouta”, “PH7”, da formación “Clavijazz”. Foi membro da orquestra de improvisación “O.M.E.GA”. Actualmente do proxecto TDC (“The Delightful Companion”). Durante varios anos foi alumno de composición de José Luis de Delás. Asistiu a cursos de música contemporánea impartidos por Tristan Murail, Phillipe Hurel, Friedrich Hass, Claus-Steffen Mahnkopf, Hugues Dufourt, Eduardo Polonio, Alberto Posadas, César Camarero, Isabel Mundry, Beat Furrer ou Toshio Hosokawa. A todo elo une unha forte formación autodidacta. O seu catálogo abrangue diferentes obras para distintas formacións de cámara ou orquestra. Algunhas foron estreadas por agrupacións como “Filharmonía de Galicia”, “Intermission duo”, “Galicia XXI”, “Quinteto Pentafonía”, “Taller Atlántico Contemporáneo”, “Ensemble s21”, “Parkensemblet” ou “Grupo Instrumental Siglo XX”, ou instrumentistas como Eliseu Mera, Javier Simó, Pablo Devigo, María José Ladra, Javier Gutiérrez, Etienne Rolin, Bruno Laurent ou Diego Ventoso.
Pablo Pérez Sanmamed_Música trad folque e repertorio
As súas músicas flúen a medio camino entre o jazz e a world music. Pablo Pérez Sanmamed é contrabaixista e compositor de ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral. Gravou máis de sesenta discos que inclúen colaboracións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Ricardo Tejero,Banda Crebinsky, 3 Azoteas, Carlos Martín, Triatone, Paraphernalia, Alfredo García quintet, SPJ, ou OMEGA entre outros. Participou en numerosos festivais,coma o Womad, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, Imaxina Sons, SONAR, Festival de L´Orient, Festival Internacional de Glasgow, Womex, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros. Entre os seus premios, o World Music en 2013 e 2016, que entrega Músicos ao Vivo.
Alejandro Vargas _Música popular urbana, arranxos e harmonía moderna
Alejandro Vargas, premio Cubadisco de jazz en 2008 e premio especial no 2014. Na actualidade é un dos pianistas, compositores e intérpretes de jazz, máis sobresaíntes da nova xeración de músicos cubanos. Graduado polo Instituto Superior de Arte (ISA) de La Habana, ten tocado cos mellores maestros e nos mellores escenarios do jazz internacional. O seu disco “Trapiche”, foi premiado en 2008 como mellor traballo do ano. En 2009 participa no proxecto galego-cubano, producido por aCentral Folque, “Descarga ao vivo”, do que foi un dos directores artísticos. Desde entón está afincado en Galiza, onde publicou o disco “Oceanía”(2010) como pianista e compositor. Lidera varias formacións a trio e cuarteto e a finais de 2014 publica o seu último disco solista con improvisacións ao piano nunha edición limitada feita a man “AMa AZa LaNdo”
Sergio de la Ossa _Formas, etnomusicoloxía e análise
(bio ver arriba)
A esta lista hai que sumar un elenco de máis dunha decena de convidados que visitan a Escola para impartir semanrios especializados en diversos ámbitos. Entre eles: Dorothé Schubart, Fernando Abreu, Tomás Ageitos, Xavier Groba, Carme Iglesias, Jose Luís do Pico, Rosalía Rodríguez, David Bellas, Carlos Freire, Alba María, Óscar Fernández,…