aulas individuais e colectivas
A prematrícula para as aulas instrumentais ábrese o 15 de setembro de 2024. A matrícula permanecerá aberta até completar as prazas de cada aula.
Se queres coñecer máis de cada aula, pica aquí
Se queres coñecer máis dos mestres, pica aquí
O prezo indicado é o prezo total da aula, incluídas horas de docencia, seguro escolar e gastos administrativos.
PROCESO DE MATRICULACIÓN
1º. – Envio de preinscrición
Para iniciar o proceso de preinscrición en calquera dos Cursos de formación continua da Escola de Música aCF é preciso facer chegar o formulario dalgún dos seguintes xeitos:
- envio online (ver abaixo)
- correo electrónico ao enderezo electrónico matriculafolque.com.
O formulario podes descarregalo abaixo
* As prazas son limitadas.
* Unha vez recibidas todas as preinscripcións e antes de formalizar a matrícula, debes escoller o teu horario, poñémosnos en contacto co alunado para configurar o reparto de horas das aulas que se fará atentendendo ás necesidades de cada persoa (mañá ou tarde dependendo da disponibilidade)
2º. – Pagamento
Para completar o proceso de matrícula en aCentral Folque é preciso abonar os custos por cada materia. Lembra que para poder seguir os cursos cómpre ter instrumento propio -agás para o 1º curso de percusión que cun parche de prácticas e baquetas é dabondo.
As aulas do curso 2024/25 comezarán a partir do 11 de outubro e rematarán o 21 de xuño. Serán 32 sesións en total ao longo do curso segundo o calendario escolar (Xunta e Concello)
PREZOS ANUAIS DAS MATERIAS NO 2024/25:*
- Individuais: Sanfona, requinta, percusión, gaita _480 €/curso
- Violino _350 €/curso
- Aulas colectivas _350 € /curso*
*O calendario escolar abrangue os meses de outubro a xuño. Son en total oito meses en 32 semanas lectivas. E as aulas son unha vez por semana: luns, xoves, venres ou sábado dependo da especialidade
*O pagamento da matrícula realizarase en dous prazos: outubro e xaneiro.
* As aulas individuais teñen unha duración de 50 min
Podes solicitar máis información no enderezo electrónico matriculafolque.com
PREINSCRICIÓN
Fainos chegar a preinscripción:
Podes descarregar o formulario: Aquí en formato .odt; Aquí en formato .pdf e enviar por correo electrónico ao seguinte enderezo – matriculafolque.com– ou completando o formulario online