O currículo de aCentral Folque está conformado polo conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación das diferentes materias.
Os estudos impartidos estarán encamiñados ao logro da adquisición, por parte de todo o alumnado, das capacidades que permitan:
- Coñecer e apreciar os elementos básicos que conforman o sistema musical patrimonial galego.
- Coñecer e apreciar un repertorio básico adaptado a cada instrumento.
- Coñecer e apreciar as formas musicais máis elementais.
- Dominar unha bibliografía básica do seu instrumento e do folclore musical galego.
- Valorar o inmenso caudal que nos aportan os diferentes folclores musicais do mundo, a diversidade de estilos e conceptos estéticos, o contacto con realidades complementarias á galega, etc.
- Dominar o instrumento como vehículo de comunicación cos demais. A adquisición desta habilidade permitirá que o alumnado poda expresar a través do seu instrumento toda a súa experiencia musical, os seus conceptos estéticos, o seu discurso melódico e rítmico.
- Ter a destreza instrumental necesaria para estar en disposición de poder optar a unha ocupación profesional dentro do ámbito da música.
————————————————————————
MATERIAS. Breve sinopse
Aulas individuais
*Os horarios indican a dispoñibilidade do docente na aula, o reparto do alumnado na aula faise a comezos do curso para atender a dispoñibilidade de cada caso.
Aula de violino
Profesor: Carlos Quintá
Baseado no ensino de repertorio de gaita principalmente así como na escasamente conservado pero riquísimo estilo en Galiza. Atención tamén a outras culturas europeas onde este instrumento ten unha importante presenza: países escandinavos, illas británicas, centro e leste de Europa. A través de técnica específica para violino: dixitación, tonalidades, ornamentación, golpes de arco, etc. poñendo en valor a transmisión oral e a memoria musical.
Horarios: sábados (cada 14 días)
Lugar: CSC A Trisca
–
Aula de sanfona
Profesor: Óscar Fernández
As aulas de sanfona consisten no estudo das técnicas de execución actuais; repertorio e xéneros tradicionais galego e doutras culturas; diferentes xéneros da música tradicional; escalas, modos e ritmos máis usados; sistemas de notación musical específico. Especial atención á memorización das melodías, á interpretación en grupo e á independencia do estudante á hora de procurar e adaptar repertorio para tocar en público.
Horarios: venres (cada 14 días)
Lugar: CSC Romaño
–
Aula de percusión tradicional (presencial)
Profesor: Carlos Freire
Achegamento ás diversas culturas e tradicións a traves do estudo da percusión. Unha viaxe étnica, na que o alumno ten a posibilidade de coñecer técnicas e instrumentos da música galega, árabe, afro-latina, o flamenco, ou o jazz.
Tamboril, bombo, congas, bongo, darbouka, bendir, caixa flamenca ou batería entre outros, estarán a disposición da estudante atendendo sempre ás preferencias e necesidades de cada un.
Horarios: sábados
Lugar: CSC Trisca
–
Aula de frautas e requinta
Profesor: Roberto Sala
Aula centrada nas frautas traveseiras dentro da música popular e no folque. Ensino cos instrumentos de metal ou madeira segundo o interese do estudante e especial atención á requinta como instrumento tradicional galego. O obxectivo é acadar un desenvolvemento técnico óptimo, emisión do son, control da respiración, emprego das chaves, articulación musical, ornamentación propia, coñecemento das escalas e os modos así como adquirir a habilidade de tocar en grupo.
Horarios: a distancia. Día e hora a convir
Lugar: a distancia
–
Aula de gaita
Profesor: Roberto Sala
Ensino individualizado ou en grupo reducido para a gaita galega. Repertorio, afinación, ornamentación, articulación,… aspectos básicos e avanzados para quen queira aprender ou perfeccionar o seu toque no instrumento máis senlleiro da música patrimonial galega.
Horarios: a distancia. Día e hora a convir
–
Aula de percusión (a distacia)
Profesor:Roberto Sala
Para a súa aula propón un achegamento ás diversas culturas e tradicións a través do estudo da percusión. Unha viaxe étnica, na que o alumno ten a posibilidade de coñecer técnicas e instrumentos da música galega, árabe, afro-latina, o flamenco, ou o jazz. Tamboril como fundamento da aula con achegas a outros instrumentos coma bombo, darbouka, caixa flamenca ou batería entre outros, estarán a disposición do estudante atendendo sempre ás preferencias e necesidades de cada un.
Horarios: a distancia. Día e hora a convir
Aulas colectivas
*Os grupos son de prazas reducidas e o número é determinado en cada aula.
Baile
Mestre: Sergio Cobos
Aulas de danza tradicional fundamentadas nos bailes soltos galegos (xotas e muiñeiras) con espazo para algún baile agarrado (mazurca, valse ou rumba) e outros ritmos europeos (schottische, valsa mandada,…). Aulas eminentemente prácticas con introducción á linguaxe pictográfica de representación de puntos e pasos: os Bailegramas.
Horarios: xoves tarde
Lugar: CSC Romaño
–
Canto e Pandeireta
Mestre: Sergio Cobos
Aulas en grupo para aprender a cantar co acompañamento da pandeireta. En base ao repertorio de tradición oral trataranse os ritmos para o baile solto (xota e muiñeira) e do agarrado (pasodoble, rumba, mazurca, valse) e outras cancións do rico patrimonio musical galego.
Horarios: xoves tarde
Lugar: CSC Romaño
–
Análise de cancións tradicionais
Profesor: Sergio de la Ossa
Curso de achegamento á canción tradicional, galega e doutras culturas para aprendermos os segredos e sintaxes destas músicas. Contidos que respostan a preguntas coma estas: as variantes dunha mesma melodía e como varían ou improvisan os músicos tradicionais? a importancia do ámbito para datar a antigüidade dunha melodía? a relación entre música e texto? a métrica do verso dunha canción? Válido para a preparación das oposicións de música no ensino.
Horarios: sábado mañán e tarde (3 cursos complentarios pero independentes ao longo do ano)
Lugar: Auditorio de Galicia
–