Para ir quecendo os motores dun novo curso académico, organizamos para este setembro unhas actividades especiais en Santiago de Compostela vencelladas á Escola de Música d’aCentral Folque sobre aspectos da música tradicional galega con profesionais de recoñecido prestixio e traxectoria: palestras e cursos
Contacta en matricula@folque.com para ter información específica de cada un dos cursos e facer a inscrición.
Cursos:
• Músicas de Ordes e Tordoia con Carme da Pontragra. Sábado 4 setembro. CSC A Trisca. 20 €
• Regueifa e brindos con Kike Estévez. Sábado 11 setembro. CSC A Trisca. 20 €
• Gravación: Sonorización e edición/mastering. Con Xoán-Xil López, Francisco Rosales e Xavi Souto. Sábado 25 e domingo 26 de setembro. CSC A Trisca. 50 €
Palestras
• Ensino e artistas na música trad con José Lara e Elena de Alfonso (Barahúnda) + David Bellas. Venres 10 setembro. CSC A Trisca. De balde
• Investigación, Divulgación e comercialización da música tradicional con Anxo Pintos e Begoña Riobó (Pärbo) + Mercedes Prieto. Modera: Ramom Pinheiro. Venres 17 setembro. CSC A Trisca. De balde
Estes cursos están organizados por aCentral Folque coa axuda de:
Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña