Máis un ano continuamos coa oferta de formación continua na escola d’aCentral Folque. Logo de trece anos en Santiago de Compostela aprendendo arredor das músicas populares, cun ensino focado nas aptitudes e intereses do alunado con aulas individuais e colectivas en varias disciplinas da música tradicional galega e folque. As aulas comezarán a partir do 8 de outubro até mediados de xuño nas áreas de Canto e Pandeireta, Sanfona, Violino, Requinta, Gaita, Percusión, Baile e Análise de Cancións Tradicionais ademais dunha chea de monográficos especializados que iremos anunciando ao longo do ano académico.
Todos detalles podes encontralos na páxina da Escola: https://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-musica-popular-avanzada/
Sobre as aulas individuais podes seguir esta ligazón. Para as colectivas, pica aquí.
Os detalles e proceso de matrícula, atoparalos aquí: https://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-de-musica-popular-e-avanzada/formacion-continua/matricula/
As aulas da Escola de Música d’aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado. Existen aulas individuais e aulas colectivas.
- O reparto de horarios será acordado polo mestre co alumnado unha vez estean as preinscricións feitas e serán comunicadas ao alumnado.
- As aulas do curso 2022/23 comezarán a partir do xoves 8 de outubro e rematarán o vernes 23 de xuño. Serán 32 sesións en total ao longo do ano.
As aulas desenvolveranse atendendo á situación sanitaria presente en cada momento cumplindo todas as medidas de hixiene e distancia marcados polos protocolos e o sentido común: desinfectar mans e superficies, distancia de separación entre alun@ e mestre, ventilación do espazo, uso de máscara…
As aulas desenvolveranse de xeito presencial agás nos casos referidos.
- ACORDEÓN PIANO
Mestre: Fran Barcia. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados
- SANFONA
Mestre: Óscar Fernández. Lugar: CSC do Romaño. Días: venres (aulas cada 15 días e ensino a distancia)
- VIOLINO
Mestre: María G. Blanco. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados (CSC A Trisca)
- FRAUTAS E REQUINTA / PERCUSIÓN / GAITA
Mestre: Roberto Sala Lugar: ensino a distancia. Días: luns (ou a convir axenda co mestre)
- BAILE
Mestre: Serxio Cobos Lugar: CSC do Romaño. Horarios: Xoves tarde ás 17.00 (iniciación) // 18.30 (avanzado)
- CANTO E PANDEIRETA
Mestre: Serxio Cobos Lugar: CSC do Romaño. Horario: xoves de 20.00 a 21.00
- ANÁLISE de CANCIÓNS TRADICIONAIS
Mestre: Sergio de la Ossa Lugar: CSC A Trisca Horarios: sábados de tarde e mañán (varios cursos, ver aquí os detalles)