A Escola de Música d’aCentral Folque presenta un novo curso académico para este 2023-24.
- 23 anos de ensino en músicas populares galegas
- o xoves 5 de outubro comeza un novo curso regular da Escola de Música d’aCentral Folque
- Aulas para todos os públicos e inquietudes en especialidades coma baile, sanfona, violino, gaita, canto, frautas, percusións, análise musical de cancións tradicionais,… E cursos monográficos especializados
- Combinamos ensino presencial fundamentalmente com ensino a distancia nalgunhas aulas e cursos específicos.
- Novidade deste curso serán concertos en Centros Socioculturais e paseos musicais pola cidade.
Máis un ano aCentral Folque continúa coa oferta de formación continua na súa Escola de Música –EMaCF-. Logo de quince anos en Santiago de Compostela aprendendo arredor das músicas populares, cun ensino enfocado nas aptitudes e intereses do alumnado con aulas individuais e colectivas en varias disciplinas da música tradicional galega e folque. As aulas comezarán a partir do 5 de outubro até fins de xuño nas áreas de Canto e Pandeireta, Sanfona, Violino, Requinta, Gaita, Percusión, Baile e Análise de Cancións Tradicionais ademais dunha chea de monográficos especializados que se irán anunciando ao longo do ano académico.
Un novo curso para quen goste de aprender e saber da música galega en Santiago de Compostela en diferentes centros socioculturais da cidade. Para todos os públicos e todas a inquietudes en diversas especialidades e en aulas individuais ou colectivas. Esta iniciativa recibe máis un ano o apoio do Concello de Santiago por medio da Concellaría de Cultura.
aCentral Folque leva máis de vinte anos aprendendo música ao redor das formas patrimoniais galegas desde que abriu as súas portas no curso 2000-01, daquela o chamado Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, vila onde se mantivo até o ano 2008 cando trasladou a súa sede até Santiago de Compostela. Nun tempo onde o ensino da música galega estaba restrinxido ao ámbito local dos grupos folclóricos e ao tecido asociativo, esta Escola supuxo un foco de atención a músicos de toda Galicia que podían atender a aulas individuais de especialidades pouco frecuentes como a sanfona ou o acordeón diatónico. Vinte anos despois e cunha rede moi extensa de lugares e iniciativas semellantes onde aprender música galega por todo o país, aCentral Folque continua a ser referencia docente con características propias como aulas individuais de instrumento ou o único Curso Maxistral sobre a música patrimonial galega.
As aulas da Escola de Música d’aCentral Folque están pensadas para todo tipo de persoas, con total independencia dos seus coñecementos musicais previos e teñan ou non unha aspiración profesional no ámbito da música. A súa finalidade é dotar ó alumnado das destrezas necesarias no desenvolvemento do seu instrumento. Os profesores aportan a súa experiencia como profesionais no ámbito da música popular galega para facerlla chegar ó alumnado. Existen aulas individuais e aulas colectivas.
As aulas desenvolveranse de xeito presencial agás nos casos referidos.
Podes ver as condicións da matrícula aquí
MATERIAS, MESTRES e HORARIOS do ensino regular
• SANFONA
Mestre: Óscar Fernández. Lugar: CSC do Romaño. Días: venres (aulas cada 15 días e ensino a distancia)
• VIOLINO
Mestre: Carlos Quintá. Lugar: CSC A Trisca. Días: sábados
• FRAUTAS E REQUINTA / PERCUSIÓN / GAITA
Mestre: Roberto Sala Lugar: ensino a distancia. Días: luns (ou a convir axenda co mestre)
• BAILE
Mestre: Serxio Cobos Lugar: CSC do Romaño. Horarios: Xoves tarde ás 17.00 (iniciación) // 18.30 (avanzado)
• CANTO E PANDEIRETA
Mestre: Serxio Cobos Lugar: CSC do Romaño. Horario: xoves de 20.00 a 21.00
• ANÁLISE de CANCIÓNS TRADICIONAIS
Mestre: Sergio de la Ossa Lugar: Auditorio de Galicia Horarios: sábados
A escola de aCentral Folque é un centro de ensino dinámico no que prima a calidade da relación entre mestre e alunado. A súa metodoloxía baseáse na transmisión do legado da música popular galega e no acompañamento d@ alumn@ na búsqueda da súa propia voz dentro da escena contemporánea.
A historia d’aCentral Folque é unha historia de loita pola divulgación da música popular galega e pola mellora da súa situación no contexto actual.
A EMaCF é o centro de ensino d’aCentral Folque e conta coa colaboración económica e apoio do Concello de Santiago de Compostela