A Escola de Música d’aCentral Folque (EMaCF) en Santiago de Compostela ten as súas portas abertas para matricularse no curso académico 2019-2020 nas diversas especialidades que oferta nas aulas individuais, colectivas ou no Curso Maxistral. Logo de 19 anos procurando unha excelencia no ensino e unha aprendizaxe individualizada atendendo ás necesidades do alunado, aCF continua ofrecendo a oportunidade de coñecer a música popular galega da man de mestres e músicos en activo. Baile, sanfona, violino, canto, frautas, gaita, percusión, Análise de cancións tradicionais, Linguaxe Musical, Harmonía son aulas específicas para todas as idades e todas as inquietudes.
Para facer a preinscrición na EMaCF, tes que enviar o formulario online que atoparás aqui
A escola conta con dúas liñas de traballo docente: as Aulas individuais e Colectivas e o Curso Maxistral aCF.
Aulas individuais especializadas en diferentes instrumentos e técnicas. Abertas para todo tipo de persoas interesadas na música popular galega con independencia dos seus coñecementos musicais. Sanfona, Violino, Canto, Frautas, Percusión, Gaita
Para coñecer máis sobre as Aulas individuais pica aquí.
Aulas en grupo en diferentes disciplinas sobre a música popular contemporánea na Galiza. Baile, Linguaxe musical: método Kodály, Harmonía, Análise na música popular.
Para coñecer máis sobre as Aulas colectivas pica aquí.
+ Curso Maxistral aCF
O Curso Maxistral aCF é un curso estruturado nun ano que vai orientado ás persoas iniciadas na música que queiran afondar na linguaxe da música popular galega. Ofrece un estudo amplo e profundo do legado musical galego unido á ensinanza de linguaxes e métodos de vangarda. O obxectivo é dotar ao alumno dunha bagaxe sólida que lle permita expandirse como músico e expresar a súa propia voz dentro da escena contemporánea. Para coñecer máis sobre o Curso Maxistral aCF, pica aquí.
+ Matrícula nos cursos
A matrícula nos cursos da Escola tanto no itinerario do Curso maxistral como nas aulas de especialización podes facela aquí