Espazos Sonoros 2014

Espazos Sonoros volta cun intenso programa de concertos, danza, obradoiros musicais, visitas guiadas e outras actividades arredor dos espazos do patrimonio histórico.

A programación conta coa presenza do tenor Marco Beasley que estará o 11 de outubro en San Vicente de Pombeiro, xunto cos músicos Fabio Accurso e Stefano Rocco, interpretando músicas renacentistas e tradicionais do sul de Italia, e de artistas como o cantautor Xoán Curiel,  o organista Marco Aurélio Brescia, o cuarteto de saxofóns Skirion, o dúo integrado pola soprano Mercedes Hernández e Fernando Reyes ou o grupo DOA. O programa porá en escena, ademais, un espectáculo de danza contemporánea do proxecto Voltage Opposites e contará coa estrea absoluta dun proxecto arredor da tradición musical do santuario de Abades a cargo do coro E Ultreia e os Menestreis de 1500, un programa que se complementará cunha xornada de roteiro polo baixo Deza.

A terceira das roldas pola paisaxe organística galega, visitas guiadas, roteiros, un obradoiro de organería para crianzas e outro de achegamento á música antiga para todos os públicos, completan a oferta desta sétima edición do festival.

O grupo laReverdie abrirá o festival

Na igrexa de Santa María de Baiona, terá lugar a primeira das citas. Será o domingo 14 de setembro ás 20.00 h, cun concerto do grupo italiano laReverdie, que interpretará o programa Vergine bella, a figura feminina no medievo, entre a devoción e o misticismo, con obras de Dufay, Hildegard von Bingen e motetes e laudi dos séculos XIII, XIV e XV.

EspazosSonoros

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario