Curso ZdZ: Regueifa

Data
07/07/2018 _ 10:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 30 €

Categoría


Alba María (verba) e Bieito Lobariñas (zanfona) conducen este curso de introdución á práctica da improvisación oral ou regueifa. Unha das poucas mulleres que se adican a isto e son capaces de disputar en verso e cantando con esta arte universal en clave galega. Unha das actividades que as persoas cegas acompañadas de zanfona executaban nas súas actuacións ao vivo en feiras e romarías eran os cantos improvisados para sorpresa do público que os recibía con grande expectación e abraio. O curso está concebido nunha sesión con acompañamento dun músico zanfonista.

Detalles:

  • Data: sábado 7 de xullo 2018
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario: 10-14h; 16-18h
  • Prezo: 30€
  • Inscrición: ver embaixo

O presente curso plantéxase coma unha iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, centrándose na regueifa e traballándoa dun xeito lúdico. Práctica nas ferramentas de memoria, rima e recursos léxicos, ademais de ofrecer guías sobre canto, métrica e versificación. Podemos prometer e prometemos que acabarás botando canda menos unha regueifa ao final deste pequeno curso

Alba María (Gran Canaria, 1995) é unha cantora, compositora e regueifeira galega. Con 18 anos gaña o I Certame de Canción de Autor do Concello de Teo, a raíz do cal ve a luz o seu primeiro disco: “Aínda” (aCentral Folque, 2014). Desde os 13 anos comeza a cursar acordeón no Conservatorio de Vigo e mergúllase no mundo da música tradicional galega, desenvolvendo unha intensa actividade como improvisadora oral, eminentemente no eido da regueifa. Actualmente é alumna de canto na Escola Livre da MPG (aCentral Folque) e cursa o 1º ano na Escola de Música Popular Avanzada. Ademais, realiza estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed