Data
09/05/2014 _ 21:00 h
Lugar
Auditorio Municipal
Prezo: 8 € (15€ + CD)
Categoría
Xira de despedida para este proxecto que naceu no ano 2010 e sacou un espléndido disco no 2011 que está a piques de esgotarse. Este proxecto nacía da forza no encontro das dúas beiras do Atlántico. Desde Niteroi, Fred Martins achegaba estéticas coa cantora da Mariña Ugia Pedreira que os levou a actuar en Brasil, Galiza, Portugal e Inglaterra nestes tres últimos anos nunha acollida de público e crítica unánime.
Este primeiro concerto terá lugar nunha data ta senlleira coma o 25 de abril e nunha das salas do Museo do Mar de Galicia en Vigo coas vistas postas nas illas Cíes.
O día 1 de xuño de 2011 saía o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira “Acrobata“, unha nova aventura de mistura musical galega e brasileira. Estará á venda nos concertos de despedida cun prezo especial, así coma na loxa de www.folque.com e en tendas especializadas. O discos son composións de Fred e Ugia e algúns colaboradores coma Germán Diaz, Marcos Suzano, Pablo e Pedro Pascual,… Altamente recomendábel e cheo da frescura do Atlántico que une ámbolos dous países.
Os concerto de presentación do traballo foron nunhas memorábeis sesións o 2 e venres 3 de xuño no Parque de Belvís de Santiago no CIAC (centro de Interpretación Ambiental de Compostela) e despois visitaban o resto das cidades galegas.