Baile Assalto

Data
28/02/2020 _ 19:00 h

Lugar
CSC Romaño

Prezo: de balde

Categoría


O alunado e mestres da Escola de Música d’aCentral Folque ofrecerán a súa arte o vindeiro venres 28 de febreiro ás 19 horas para que as persoas asistentes ao Baile Assalto poidan danzar con música ao vivo no xeitoso salón de actos do CSC do Romaño.

Bailar é un acto revolucionario que xenera endorfinas e contribúe á saúde física e mental de quen o practica, é unha actividade de cohesión social e un xeito de exercicio físico barato e beneficioso. Desde a EMaCF queremos convidar a todas as persoas que o desexen a participar desta actividade de balde.

A música ao vivo está garantida e gañas de pasalo ben nun ambiente distendido e a horas temperas da noite.

Este é o segundo Baile que a Escola de Música d’aCentral Folque organiza este curso académico 2019-20 e temos o seguinte proxectado para o 15 de maio á mesma hora no mesmo lugar.

Así eran os Bailes Assalto na Gentalha doPichel no ano 2014:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed