Casa do Silencio day

Data
25/11/2023 _ 18:00 h

Lugar
A.C. Abubela

Prezo: de balde

Categoría No Categories


Casa do Silencio é unha produción de aCentral Folque con actividades arredor do homónimo filme galego de Jon Jost para estrear, promocionar e exhibir esta película rodada en Galiza a finais de 2023.

CASA DO SILENCIO (2023), longametraxe de 70’ dirixido por Jon Jost rodada integramente en galego e en Galiza protagonizada por Quico Cadaval e Paula Ballesteros. Unha película con ton poético rodado nunha fermosa casa de campo dunha aldea galega. A “historia” en realidade deriva do lugar e dos tabús familiares dunha familia galega emigrada a Venezuela.

XORNADA Jon Jost no local da Asociación Abubela de Mazaricos. Un encontro demorado co realizador que inclúe un obradoiro, xantar e a proxección comentada de Casa do silencio. Esta é unha actividade con limite de prazas para a que é precisa inscrición previa en casadosilencio@folque.com

  • 25 Nov. 10:30-14:30h Obradoiro de creación audiovisual con Jon Jost*
  • 18:00h Casa do silencio (2023). Estrea coa presentación de Jon Jost

 

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed