Data
23/10/2014 _ 20:30 h
Lugar
Auditorio do Edificio Cambón
Prezo: de balde
Categoría
Considerada a mellor acordeonista da actualidade, Celina da Piedade presentará en Vigo, concretamente no Auditorio do Edificio Cambón, o seu último traballo, O Cante das Ervas, disco temático que inclúe temas do Cancioneiro do Baixo Alentejo e do Algarve dedicado ás herbas aromáticas. Esta artista de fama internacional ten traballado con grandes nomes da música como Rodrigo Leão, Mayra Andrade, Ludovico Einaudi o Kepa Junquera.
Para este concerto a acordeonista e cantante alentejana, estará acompañada do baixista Alex Gaspar.
Acordeonista, solista e compositora, conta con dous álbumes no mercado: Em Casa (Melopeia, 2012) e O Cante das Ervas (Melopeia e Jardim da Boa Palavra, 2014).
Nesta actuación colabora o Centro de Visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.