Data
04/07/2018 _ 12:00 h
Lugar
Mercadiño semanal
Prezo: de balde
Categoría
Concerto peripatético entre os postos do mercado semanal na praza Castelao de Rianxo para abrir e presentar aos medios o XIV Encontro Internacional Zona da Zanfona. Historicamente era a feira o lugar onde se congregaba o público potencial de cegos e cegas que se acompañaban dunha zanfona, un lazarillo e un can como o amosa a variedade de gravados conservados nos séculos XVIII e XIX e algunha escultura, pintura e fotografía xa no s.XX. Para este ano convidamos á improvisadora Alba María e ao zanfonista Ariel Ninas para estrear unha nova edición do único festival adicado a este instrumento na Península Ibérica.
Terá lugar a partir das 12 h na praza de Castelao, no corazón da vila mariñeira de Rianxo.