Data
07/07/2017 _ 22:30 h
Lugar
Praza Rafael Dieste
Prezo: de balde
Categoría
Concerto inaugural do XIII Encontro Internacional de Zanfona en Rianxo coa presentación do espectáculo Cantos de Cego da Galiza e Portugal da man do zanfonista galego Ariel Ninas e do cantor e guitarrista portugués César Prata.
Este dúo conformado por músicos procedentes de Galicia e Portugal presenta unha proposta arredor dun personaxe singular na cultura musical universal, a persoa invidente que canta e fai música, e o seu repertorio recollido en ambas as beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos, cancións de orixe sefardí, historias que durante séculos, desde a Idade Media ata os nosos días, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas.
Dous músicos de ambos os países, Galicia e Portugal, recrean estas cancións cunha variada instrumentación —zanfona e guitarra, viola braguesa, concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas— nun programa composto, a partes iguais, por melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou rexistradas directamente de informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, Fonsagrada ou Viseu. Estas cancións graváronas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo.