Data
06/07/2018 _ 22:30 h
Lugar
Praza Rafael Dieste
Prezo: de balde
Categoría
Concerto enmarcado no XIV Encontro Internacional Zona da Zanfona 2018 cun histórico cantante galego e dos primeiros en incorporar a zanfona aos seus recitais: Miro Casabella. Canda el actuará unha das revelacións dos últimos anos no panorama internacional da zanfona, Johannes Geworkian Hellman desde Suecia.
O concerto é de balde na praza Rafael Dieste de Rianxo o venres 6 de xullo de 2018.
Johannes Geworkian Hellman, presenta ao vivo o seu concerto a solo “Música Cinemática de Zanfona desde Suecia“.
Con zanfona como a súa voz, Johannes é un artista e músico apaixonado cunha forte expresión que gosta de compartir a súa música coa audiencia. No seu proxecto a solo Johannes convida ao ouvinte a un concerto de historias musicais persoais. As composicións orixinais de Johannes teñen influencias de xéneros diferentes e inclúe as moitas cores da zanfona electroacústica sen efectos nen pedais.
O músico sueco Johannes Geworkian Hellman é considerado un dos tocadores de zanfona máis interesantes da súa xeración. Os últimos anos Johannes profesionalizouse como artista e músico apaixonado que gosta de partillar a súa música coa audiencia. Toca a solo ou xunto coas súas ensembles. Estudou na Universidade de Música en Estocolmo, a Sibelius Academia en Helsinki, e tamén con algúns dos mellores zanfonistas do mundo (Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Romain Boudain, Gilles Chabenat,…). Johannes trata o seu instrumento nun xeito raramente visto. A súa música de composición propia é unha mistura entre folk contemporáneo, pop e improvisación.
Sitio web: www.johannesgeworkianhellman.com
Johannes foi galardoado co ”The Best Newcomer of the Year” co seu duo Symbio nos Swedish Folk & World Music Awards 2016. Gañou o primeiro premio da competición internacional para Zanfona Solo “Les concours des vielles” En Chateu D´ars, Francia 2011.
Miro Casabella, presenta o seu espectáculo a solo “O cantor da dignidade”, un repaso dos seus temas máis coñecidos tocados con zanfona que van desde versións de cantigas medievais a músicas de intervención.
El é un músico vencellado nos seus inicios ao colectivo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo de folk DOA e un dos primeiros músicos en gravar com zanfona cancións desde os míticos discos de Faustino Santalices.
O seu debut musical aconteceu no ano 1967 en Barelona, acompañando a cantantes da Nova Cançó Catalá. Foi tamén en Cataluña onde gravou os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta: Miro canta as súas cancións e Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer. Ambos os dous traballos son EP’s de catro cancións. O seu contacto co grupo Voces Ceibes tivo lugar a mediados do ano 1968, cando Benedicto e Xerardo Moscoso acudiron á capital catalá co gallo de gravaren os seus primeiros traballos. Miro integrouse no colectivo e mesmo chegou a participar do seu concerto fundacional en Compostela, o 1 de decembro daquel mesmo ano.
A finais do ano 1974 o grupo Voces Ceibes decidiu finalizar o seu proxecto e dar comezo ao Movemento Popular da Canción Galega. Nos anos seguintes, Miro participou en multitude de concertos e festivais, en Galiza e en toda a Península Ibérica, ademais de colaborar musicando pezas de teatro en galego e discos de historias para rapaces. En 1977 veu a luz o disco Ti, Galiza, Un ano máis tarde publicouse Treboada. Ambos os dous traballos amosan unha peculiar mestura entre a canción de intervención social e a música tradicional.
A finais dos anos 70, Miro entrou en contacto co grupo folk DOA, e grava no primeiro traballo O son da estrela escura, 1979.
O último traballo individual do cantor foio disco Orballo, do ano 2004, onde ademais de revisar algúns antigos temas, toca novamente a problemática social do pobo galego dende unha perspectiva contemporánea.