Concerto ZdZ23: venres

Data
30/06/2023 _ 21:30 h

Lugar
Praza Rafael Dieste

Prezo: de balde

Categoría


Concerto especial para conmemorar os dezanove anos de existencia do festival ZdZ. Este é o día para o convite de proxectos internacionais, desta volta con dous actos moi interesantes da man de Ben Grossman desde Canadá cun concerto solista para zanfona electroacústica e Sangre de Muérdago, o grupo paneuropeo presentando en formato cuarteto o seu novo traballo en estudio O vento que lambe as miñas feridas que se acaba de publicar a comezos deste 2023. Acontecerá no palco da fermosa praza de Rafael Dieste en Rianxo a partir das 21.30 horas. A entrada é libre.

Sangre de Muérdago

O colectivo de músicos europeos Sangre de Muérdago, liderados polo galego Pablo Caamiña Ursusson (zanfona, voz, caixa mecánica e guitarras), e a súa Música Máxica na súa European Spring Tour presentando o seu último traballo O vento que lambe as miñas feridas.

Dende fai máis de 15 anos, Sangre de Muérdago camiñan unha senda que nos leva á mergullarnos en mundos da máis delicada e misteriosa música folk galega, recoñecidos pola súa capacidade de levar ó seu público a estados de transo, transformación, intimidade e introspección. Forxados en escearios de tódas as cores por todo o mundo e en numerosas xiras e recoñecidos festivais internacionais, Sangre de Muérdago crean coidadosamente unha narrativa propia, na que a maxia se convirte en algo tan real coma os nosos corpos, e folk ó redor do lume tranfórmase en música de cámara. Amosando un fondo respeto e coñecemento das súas raices e a súa herdanza musical e o mesmo tempo creando unha nova visión que dea vida a un novo mencer de cancións para ser cantadas, bailadas e lembradas por xeracións vindeiras.

OVQLAMF é o seu 6º álbum de estudio, e 16º traballo publicado por Sangre de Muérdago.

Ben Grossman

Ben Grossman presentará a zanfona nun contexto completamente orixinal, contemporáneo, experimental e vangardista. Construíndo composicións novas en improvisación constante, e tirando das incríbeis posibilidades acústicas son do instrumento, ás veces con técnicas estendidas ou con obxetos e tecnoloxías adicadas para acadar evocativas paisaxes sonoras. Ben ten sido descrito pola prensa especializada como “un tocador solitario que consigue o son dunha orquestra enteira” ou como “un sintetizador modular acústico”

Ben ten unha fonda experiencia en músicas antigas, folk, trad, e o seu interés actual está nas novas creacións, deseño de son e composicións contemporáneas para zanfona.

With support from


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed