Curso baile ZdZ

Data
09/07/2022 _ 16:00 h

Lugar
Auditorio de Rianxo

Prezo: 25 €

Categoría


Mercedes Prieto conduce este curso de bailes do mundo para todos os públicos.

Detalles:

  • Data: sábado 9 de xullo 2022
  • Lugar: Auditorio de Rianxo
  • Horario:  16.00-20.00h
  • Prezo: 25 €
  • Inscrición: ver embaixo

Curso de danzas do mundo fundamentadas nos bailes frecuentes da “trad-ball” europeo. Músicas  galegas para o solto (xotas e muiñeiras) e agarrado (mazurca, valsa, pasodoble,polca,…) e outros ritmos europeos (schottische, cercle,…). Aulas prácticas para a aprendizaxe de pasos básicos e gozo colectivo para pór en práctica logo á noite nos concertos ZdZ.

MERCEDES PRIETO

É doutora en Ciencias da Educación da Universidade de Évora (Portugal). O tema da tese é o estudo da danza como contexto para a aprendizaxe da matemática no primeiro ciclo de ensino básico.

Realizou o grao superior de danza na especialidade de Pedagoxía da Danza na Facultade de Motricidade Humana de Lisboa. Traballou no Instituto Politécnico de Beja (Portugal) como profesora; foi directora e coordinadora do sector pedagóxico da “Asociación PédeXumbo”; Colabora co CEFORE (Centros de Formación e recursos) na formación docente.

Autora de tres publicacións de danza. Zampadanzas da editorial Do Cumio, Na punta do pé de Pesdelán, editada por Kalandraka e Entroidanzas que é autoedición de Pesdelán. Foi bailarina en proxectos de danza como GS21, Bruma e Pesdelán.

Formulario de inscrición:

*recibirás un correo (non inmediato, non automático) oa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed