Data
06/04/2024 _ 10:00 h
Lugar
Auditorio de Galicia
Prezo: 45 €
Categoría
Os vindeiros 6 e 13 de abril de 2024 impartiremos o curso monográfico : ‘O Cancioneiro Popular Galego de Dorothé Schubarth’ con Sergio de la Ossa. Dúas sesións intensivas cun total de 8 horas de duración para entender a magna investigación da etnomusicóloga Dorothé Schubarth e o lingüista Antón Santamarina, o traballo máis completo que se ten feito sobre o cantigueiro galego publicado a comezos dos anos 1980.
O monográfico terá lugar na Sala Circular do Auditorio de Galicia os sábados de mañá.
Malia ser unha das fontes máis citadas no campo da investigación de música tradicional, o Cancioneiro Popular Galego (versión dixital dispoñíbel aquí) é unha obra en xeral pouco comprendida e usada. Neste curso de carácter introdutorio daremos claves para o uso desta obra imprescindible no estudo da música de tradición oral en Galicia. A visión de conxunto complementarase con olladas en detalle sobre puntos concretos, coa ordenación de información espallada nos seus distintos volumes e seccións, co exame de exemplos propostos pola autora, coa explicación de fenómenos musicais varios e coa comparación deste traballo con outros de características semellantes, pouco coñecidos en Galicia.
Detalles:
- Lugar: Sala Circular do Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela
- Datas: 6 e 13 de abril de 2024
- Horario: sábados de 10 a 14 h. 8 horas totais
- Prezo: 45 €
- Inscripción: enche o formulario de embaixo; recibirás un correo coas instrución de matrícula.
- + info: matricula@folque.com
Obxectivos:
- Acadar unha mellor comprensión do CPG e, por extensión, da música vocal de tradición oral en Galicia.
- Aprender a manexar o CPG e a buscar información dentro del.
- Comprender fenómenos propios das músicas tradicionais como a variación melódica, o libre intercambio de valores rítmicos longos e breves etc; facilitar a comprensión das descricións de xéneros musicais.
- Facilitar a lectura das partituras incluídas no CPG mediante exemplos prácticos: melodía principal e variantes rítmicas e melódicas; sincronización do ritmo do canto e da percusión etc.
- Comprender o sistema de ordenación de melodías e ser capaz de atopar estas polas súas características (principalmente no vol. VII).
- Situar o CPG no contexto de traballos europeos de semellantes características.
Contidos:
- Panorámica xeral dos volumes do Cancioneiro con audición dunha escolma de exemplos.
- A estrutura dos volumes: apartados xerais, información dun volume que se completa noutro distinto.
- O sistema de escritura e as características da música. Armaduras, barras de compás etc. Notación das variantes. Lectura guiada de exemplos.
- Terminoloxía e conceptos relacionados
- Comparación con outros exemplos europeos.
- Ecos. Recepción do CPG (recensións europeas e españolas). Schubarth no Grupo de Estudo sobre Análise e Sistematización (ICTM). Achegas destacadas do CPG e tarefas por completar.
Notas biográficas de Sergio de la Ossa
Sergio de la Ossa é musicólogo, mestre especialista en pedagoxía musical Kodály e guitarrista. Foi mestre de música tradicional no Instituto Kodály da Academia Liszt (Kecskemét, 2011-2015; 2020). Entre 2007 e 2018 estivo a cargo do arquivo musical do Museo do Pobo Galego (http://apoi.museodopobo.gal)
Mestre de Teoría e Análise en aCentral Folque, imparte regularmente cursos e conferencias sobre música tradicional e didáctica da música. Participou como ponente no WOMEX 2014 e na conferencia celebrada en homenaxe a Zoltán Kodály no Instituto de Musicoloxía da Academia de Ciencias Húngara en 2017 (Budapest).
Como autor, asina A Basic Guide to Folksong Analysis (Budapest: Liszt Academy of Music, 2019) e colabora en publicacións como Romanceiro tradicional. Breve antologia das recolhas do Seminario Menéndez Pidal na Galiza (1977-1983) (aCentral Folque, 2019; con J.L. Forneiro) ou Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (aCF, 2017; con Xavier Groba), entre outros títulos.
Mantén o blogue sobre música tradicional www.analisemusical.wordpress.com
Formulario de inscrición:
Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación e as instrucións de pagamento; debes mirar na pasta do “spam” se non te chegase á pasta principal do teu correo electrónico.
Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Estes cursos están organizados por aCentral Folque co apoio do Concello de Santiago