Data
05/04/2015 _ 11:00 h
Lugar
Auditorio de Rianxo
Prezo: 85 €
Categoría
Curso intensivo (11 h) coa referencia mundial en repertorio histórico para a zanfona. Curso de introducción á linguaxe do barroco francés para zanfona (1720-1780), prolífica época de esplendor para este instrumento. Tobie Miller ademais atenderá todas as dúbidas sobre outros estilos dos que ela é competente especialista. Á altura vangardística da primeira xeración de renovadores do instrumento (Valentin Clastrier, Pascal Lefeuvre, Matthias Loibner).
TOBIE MILLER
A zanfonista canadense, flautista e cantante, Tobie Miller, medrou nun contexto familiar de músicos clásicos. Após da formación en Música Antiga (B.Mus) na McGill University (Montreal), transladouse a Basilea (Suíza) para continuar estudos de posgrao de música Medieval do Renacemento no prestixioso Schola Cantorum Basiliensis en Basilea.
Tobie continúa a actuar en múltiples proxectos con ensembles en ambos os dous continentes que inclúen o Ensemble Baroque de Limoges (rexistros de Haydn e Mozart á lyra organizatta para o selo Laborie), Les Musiciens de St.Julien (rexistro para o selo Alfa), Per Sonat (rexistro para Christophorus), e os seus propios
ensembles, La Rota, Ysis, Ballam, Vox Suavis ou o duo Miller-Romain e traballa regularmente cos ensembles Gilles Binchois (Dominique Vellard), La Morra (Mixaj Gondko), Leones (Marc Lewon) e Les Jardins de Courtoisie (Anne Quentin).
Tobie é unha intérprete única, por ser unha das poucas mulleres en tocar ao primeiro nivel a zanfona e por ser unha das poucas especialistas en repertorio clásico para a zanfona (de grande produción compositiva no século XVIII). Virtuosa a nivel técnico e coñecedora da linguaxe da música antiga e todo o repertorio para zanfona barroca. Actúa en varias formacións ao respecto, incluíndo o duo co zanfonista austríaco, Matthias Loibner, así como con directores ben coñecidos como Jordi Savall, Christophe Coin e Wieland Kuijken. Mentres mantendo un ocupado calendario actuando como concertista, tamén ensina regularmente talleres e en festivais coma o CAMMAC (desde 2003), o Over the water Festival en Seattle (desde 2005), Les Journées de La Flûte à Bec (2006), e no Schola Cantorum Basiliensis (2008).
Detalle de inscrición:
Horario Curso:
Sábado 4 abril: 10.30 a 14.00 h e 16 a 20.00 h
Domingo 5 abril: 10.30 a 14.00 h
Prezo Curso: 85 € (ouvintes 45 €)
Prezo Estancia*: 80 €
Detalles de inscrición
- Curso: prazas limitadas
- Hai praza para ouvintes (45 €)
- Data límite de inscrición: mércores 1 de abril
- Estancia: en réxime de albergue desde venres noite até o domingo ao serán: Cámping de Rianxo (preciso saco de durmir)
- Xantares: todo incluído desde a cea do venres até o xantar do domingo
- Concerto ZdZ de balde
- *Se só queres asistir ao curso e hospedarte pola túa conta pero compartir os xantares e ceas co grupo, o prezo é de 11 € cada comida.
Inscrición e info:
- Correo electrónico: info@folque.com
- Teléfono: +34 698 144 852
Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta
Detalles bancarios:
Nova Caixa Galicia 2080-0342-60-3040009110
Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque
*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”