Data
07/07/2018 _ 10:00 h
Lugar
Auditorio de Rianxo
Prezo: 40 €
Categoría
Curso avanzado para o 14 Encontro Internacional Zona da Zanfona o vindeiro 7 de xullo cun das revelacións dos últimos anos no ámbito europeo para as novas músicas con zanfona, Johannes Geworkian Hellman
Detalles:
- Data: sábado 7 de xullo 2018
- Lugar: Auditorio de Rianxo
- Horario: 10-14h; 16-19h
- Prezo: 40€
- Inscrición: ver embaixo
Sobre o curso:
Curso centrado en técnicas diferentes que podemos utilizar para acadar unha dinámica e variada interpretación tocando melodías. Inclúe exercicios para axudar os dedos a ter máis forza e máis rápidez e máis longo do que eran antes. Tamén ollaremos exercicios que poden desenvolver e estender a nosa técnica de trompeta para conseguir meirande versatilidade tocando patróns rítmicos. O material de traballo será principalmente música tradicional sueca e algo composto nos últimos meses.
Para quen é?
Penso que este taller convén a calquera persoa con interese en desenvolver a súa musicalidade e que toca por conseguir novas inspiracións, exercicios e ferramentas para traballar na zanfona. Posto que é importante que ti durante este curso te sintas inspirada, que tentes cousas novas e que aprendas algúns exercicios útiles que podes continuar a desenvolver após o curso.
Sobre o mestre:
O músico sueco Johannes Geworkian Hellman é considerado un dos tocadores de zanfona máis interesantes da súa xeración. Os últimos anos Johannes profesionalizouse como artista e músico apaixonado que gosta de partillar a súa música coa audiencia. Toca a solo ou xunto coas súas ensembles. Estudou na Universidade de Música en Estocolmo, a Sibelius Academia en Helsinki, e tamén con algúns dos mellores zanfonistas do mundo (Valentin Clastrier, Matthias Loibner, Romain Boudain, Gilles Chabenat,…). Johannes trata o seu instrumento nun xeito raramente visto. A súa música de composición propia é unha mistura entre folk contemporáneo, pop e improvisación.
Johannes foi galardoado co ”The Best Newcomer of the Year” co seu duo Symbio nos Swedish Folk & World Music Awards 2016. Gañou o primeiro premio da competición internacional para Zanfona Solo “Les concours des vielles” En Chateu D´ars, Francia 2011.
Inscrición e info xeral:
- Correo electrónico: info@folque.com
- Teléfono: +34 698 144 852
- Prazas limitadas (por orde de inscrición)
*As prazas están esgotadas! (a 28/06/2018)
Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta
Detalles bancarios:
- Abanca ES81-2080-0342-60-3040009110. Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque
*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”