Data
06/07/2018 _ 16:00 h
Lugar
Auditorio de Rianxo
Prezo: 15 €
Categoría
Óscar Fernández ofrece un curso de iniciación á zanfona no que non é preciso posuir instrumento. ZdZ dispón de zanfonas a disposición das persoas interesadas en achegarse dun xeito intenso nunha xornada de catro horas para músicos ou non músicos que queiran descubrir o instrumento desde 0.
O curso ten unha duración de catro horas. Comezará este venres 6 de xullo de 16 h a 20 h no Auditorio de Rianxo.
Inscrición e info xeral:
- Correo electrónico: info@folque.com
- Teléfono: +34 698 144 852
- 15€. Prazas limitadas (por orde de inscrición)
Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta
*As prazas están esgotadas! (a 28/06/2018)
Detalles bancarios:
- Abanca ES81 2080-0342-60-3040009110
- Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque
*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”
Óscar Fernández é unha personalidade de grande peso no folque galego desde os anos 90, foi membro de Saraibas e un dos fundadores e principal arranxista de Os Cempés e do desaparecido grupo bOnOvO. Músico de formación autodidacta principalmente interesado na música tradicional e folc de raices europeas, nunca deixou de experimentar, arranxar e compoñer de xeito semiprofesional nun comenzo co acordeón, gaita , frauta traveseira… Desde o ano 1998 céntrarse case exclusivamente na zanfona xa como profesional combinando a docencia coa música en directo en formacións lideradas por él e colaboracións noutros proxectos. Empeza a estudiar diferentes técnicas de cos consellos do mestre Anxo Pintos e nos cursos da AIZ con Gilles Chabenat, Valentin Clastrier, Anne Lise Foi, Stephane Durand, Pascal Leféuvre, Germán Diaz… Actualmente desenvolve o seu labor como compositor, arranxista e intérprete en solitario ou a dúo co acordeonista Carlos Quintá e co grupo DOA. Ten feito música para documentarios e películas, composto melodías que xa forman parte da tradición da música popular galega. É a referencia galega no emprego da zanfona dun novo xeito de entender o instrumento con referencias á vangarda europea adaptada ás formas musicais galegas.