Curso ZdZ’24: Tobie Miller

Data
16/11/2024 _ 10:00 - 18:00 h

Lugar
Multiusos Terra do Queixo

Prezo: 50 €

Categoría


Tobie Miller é a intérprete máis experimentada na música histórica para zanfona, un repertorio moi específico cultivado nos anos centrais do século XVIII en París e Versalles. Este curso será unha introdución ao estilo barroco para zanfona para todas as persoas que se queiran achegar a este xénero.

Terá lugar o sábado 16 de novembro de 2024 no edificio Multiusos de Arzúa para un grupo reducido de persoas, previa inscrición. Esta sesión completarase cun concerto solista que ofrecerá dentro do festival ZdZ no día anterior.

Detalles:

  • Lugar: edificio Multiusos Terra do Queixo de Arzúa
  • Data: sábado 16 de novembro de 2024
  • Prezo: 50€
  • Prazas limitadas
  • Inscrición: Tes que enviar o formulario de preinscrición ao fin desta páxina; recibirás un correo co proceso de matrícula (non inmediato, non robótico)
  • + info: matricula@folque.com

Sobre o curso

A zanfona experimentou un auténtico renacemento na Francia do século XVIII, e foi un instrumento de moda na corte e entre a nobreza, dando lugar a unha abundancia de repertorio para o instrumento, tanto para o goce do nobre afeccionado como para o virtuoso tocador profesional. A variedade de repertorio abrangue dende as pezas máis sinxelas para principiantes, ata obras moi complicadas para ser interpretadas polos máis grandes virtuosos da época, proporcionándonos un repertorio de varios centos de composicións para o instrumento.

Este obradoiro está dirixido a tocadores de zanfonas tradicionais ou modernos con pouca ou nula experiencia na práctica interpretativa da música barroca, e dará unha introdución a este xénero. Os temas tratados incluirán notas desiguais, ornamentación básica, principios de articulación (mans esquerda e dereita) e algúns dos elementos do estilo barroco e como se diferencian das técnicas tradicionais. Entregaranse con antelación algúns exercicios e partituras. Os participantes deben usar unha afinación C-G (idealmente, polo menos unha corda melódica en sol agudo), e o ton para este obradoiro será A=415 (é dicir, un semitono inferior a 440).

Sobre a mestra

A zanfonista canadense, flautista e cantante, Tobie Miller, medrou nun contexto familiar de músicos clásicos. Após da formación en Música Antiga (B.Mus) na McGill University (Montreal), transladouse a Basilea (Suíza) para continuar estudos de posgrao de música Medieval do Renacemento no prestixioso Schola Cantorum Basiliensis en Basilea.

Tobie continúa a actuar en múltiples proxectos con ensembles en ambos os dous continentes que inclúen o Ensemble Baroque de Limoges (rexistros de Haydn e Mozart á lyra organizatta para o selo Laborie), Les Musiciens de St.Julien (rexistro para o selo Alfa), Per Sonat (rexistro para Christophorus), e os seus propio Ensemble Danguy, La Rota, Ysis, Ballam, Vox Suavis ou o duo Miller-Romain e traballa regularmente cos ensembles Gilles Binchois (Dominique Vellard), La Morra (Mixaj Gondko), Leones (Marc Lewon) e Les Jardins de Courtoisie (Anne Quentin).

Tobie é unha intérprete única, por ser unha das poucas mulleres en tocar ao primeiro nivel a zanfona e por ser unha das poucas especialistas en repertorio clásico para a zanfona (de grande produción compositiva no século XVIII). Virtuosa a nivel técnico e coñecedora da linguaxe da música antiga e todo o repertorio para zanfona barroca. Actúa en varias formacións ao respecto, incluíndo o duo co zanfonista austríaco, Matthias Loibner, así como con directores ben coñecidos como Jordi Savall, Christophe Coin e Wieland Kuijken. Mentres mantendo un ocupado calendario actuando como concertista, tamén ensina regularmente talleres e en festivais coma o CAMMAC (desde 2003), o Over the water Festival en Seattle (desde 2005), Les Journées de La Flûte à Bec (2006), e no Schola Cantorum Basiliensis (2008).

Como lider do seu grupo Ensemble Danguy publica no prestixioso selo Recercar os discos La Belle Vielleuse (2017), Les Saisons amusantes (2019) Le berger innocent (2023). Como solista publica o seu disco BACH: Solo para o selo Raumklang (2018).

https://www.tobiemiller.net

Formulario de inscrición:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed