Data
09/07/2022 _ 10:00 h
Lugar
Auditorio de Rianxo
Prezo: 40 €
Categoría
Curso intensivo para intérpretes de zanfona sobre o repertorio piemontés (Italia) das músicas desta zona adaptadas ao instrumento para o XVIII Encontro Internacional Zona da Zanfona o sábado 9 de xullo co virtuoso músico turinés Francesco Giusta. O curso está orientado a persoas con certa experiencia e habelancia coa zanfona e haberá tamén prazas para ouvintes que queiran asisitr pero non participar dun xeito activo e práctico. O curso ten unha duración de sete horas intensivas con descansos recorrentes para lavar as mans e ventilar a sala.
Detalles:
- Data: sábado 9 de xullo 2022
- Lugar: Auditorio de Rianxo
- Horario: 10-14h e de 16-19h
- Prezo: 40€
- Prezo ouvinte: 20€
- Prazas limitadas.
- Datas de inscrición: do 9 de xuño ao 5 de xullo
- Debes encher o formulario dixital de embaixo
Sobre o curso:
Neste obradoiro tomaranse como referencia as músicas tradicionais do Piemonte: repertorio tradicional así como algunha música con algunha adaptación para a técnica de zanfona. Trarase de aproximacións modernas ao “coup de poignet” e articulacións propias para estes xéneros, técnicas evoluídas para dinámicas e construción de ritmos para a danza traballando a disasociación das dúas mans e algunhas especificidades para a man de esquerda.
Sobre o mestre:
Francesco Giusta aproxímase á ghironda a idade de 11 anos. Máis tarde desenvolverá a súa técnica con mestres coma Patrick Bouffard, Gregory Jolivet, Germán Diaz, Tierry Nouant, Stephane Durand, Valentin Clastrier, Matthias Loibner e Tobie Miller con quen actualmente estuda repertorio barroco.
Desde o comezo da súa andaina, centrouse no repertorio tradicional da súa rexión (Piamonte) e na música folque do Macizo Central, analizando e entendendo as estruturas e linguas daquel xénero aplicado á danza. Nos últimos anos transita o camiño cara a unha das súas grandes paixóns, o repertorio barroco francés do século XVIII para vielle à roue.
Ten tocado en varias bandas, principalmente dentro de música folque e medievalista, actuando en festivais de Italia, Francia e Alemaña; gravou algún CD é coas súas bandas así como sendo un convidado en varios traballos doutros grupos.
En 2015 gañou o primeiro premio “Maître sonneur” como solista no concurso ‘Le son continu’ do festival en Chateaux d’Ars, Francia.
Desde 2011 adícase a docencia en varios países europeos con aulas maxistrais especializadas e regularmente en aulas en Turín.
Formulario de inscrición:
*recibirás un correo (non inmediato, non automático) oa confirmación da praza e instrucións a seguir para a formalización da matrícula