Data
20/12/2020 _ 20:30 h
Lugar
Teatro Principal
Prezo: 10 €
Categoría
O vindeiro domingo 20 de decembro o proxecto de Richi Casás, Fuliada na Vila, actuará no Teatro Principal ás 20.30h. As entradas xa están á venda no portal de CompostelaCultura. Pica aquí se queres reservar a túa.
Fuliada na Vila preséntase cunha banda de 11 músicos dirixidos por Richi Casás cun arranxos preciosistas de jazzband sobre as músicas galegas de tradición oral. O repertorio sobre o que bebe este proxec- to parte de gravacións etnomusicolóxicas que a musicóloga suíza Dorothé Schubar- th realizou na casa de Rosa e Adolfina no ano 1980 na Vila (Cerceda), punto de partida da aposta artística. Sobre esta her- danza, Richi Casás edifica unha novidosa proposta musical na que conflúen varias culturas: das pandeiretas ás orquestras; dos ritmos latinos ao jazz.
Con influencias do mundo do jazz e a música de baile FULIADA NA VILA achegase o máis valioso que temos: un enorme e rico patrimonio inmaterial musical. E non se esquece da letra. Tomadas da poesía tradicional tráennos a matizada delicadeza do pensar dun pobo; a escoita atenta que fixo a nosa cultura da natureza, os ciclos vitais, o amor e a morte.
O disco de Fuliada na Vila componse de dez temas inéditos; algúns deles composicións orixinais de Richi Casás e outros arranxos do autor sobre as melodías recollidas por Dorothé Schubarth na Vila da Igrexa en 1980: xotas, muiñeiras, cantos de Nadal… O CD inclúe tamén seis destas gravacións, que nos permiten escoitar as pezas cantadas por Rosa e Adolfina, avoa e tía de Richi Casás, naquela xornada en Cerceda corenta anos atrás.
Xunto ao saxo alto, a voz e as percusións de Richi Casás, dez músicos compoñen a banda de Fuliada na Vila: Branca Villares, Carolina Vázquez e Pepa Yáñez á voz e pandeireta, Fran Gª Galán á guitarra, Carlos Santos ao baixo, José Ares “Panete” á batería, Javi “GDJazz” Pereiro á trompeta, José Luís Miranda ao trombón, Gueorgui Oganesian ao saxo tenor e Fran Barcia ao acordeón. Ademais, a gravación do disco conta coa voz de Belém Tajes en dous temas e co violín de Antía Ameixeiras nun deles.
Podes ler a crónica e unha pequena entrevista do primeiro concerto que deu a band ana praza da Quintana o pasado verán de 2020 e que publicamos aquí








