La banda morisca na RMS

Data
05/03/2017 _ 21:00 h

Lugar
Auditorio da Xunqueira

Prezo: 7 € / 5 €

Categoría


labandamorisca_sm

Terceira cita coa Rede de Músicas Soltas de Redondela. Desta volta con La banda morisca é o grupo que estará no mes de marzo, este domingo 5. La banda morisca é un proxecto que nace da experimentación, innovación e investigación nas tradicións andaluzas. A recuperación do patrimonio literario e musical da antiga al-Andalus e da franxa mediterránea é a peza clave na consolidación deste proxecto. 
A formación e a traxectoria dos seus componentes, así como as ganas de seguir innovando e a súa creatividade compoñen unha identidade artística única no terreo da música folque e de raíz.

Esta agrupación está formada por músicos de distintas procedencias (JoseMari Cala, JuanMi Cabral, José Cabral, Antonio Torres e Andrés T. Rodríguez) que converxen nas músicas de raíz e tradición, coa inquietude de experimentar e evocar a herdanza cultural da antiga al-Andalus e o seu reflexo no son da actual Andalucía, o Magreb e o Próximo Oriente. Inspirado por esta herdanza andalusí e polo romanceiro tradicional, o grupo propón unha visión creativa e orixinal dun repertorio que mestura as influencias orientais e occidentais do Mediterráneo (moaxajas andalusíes, Chaabi, Dahmane el Harachi, Nass el Ghiwane…) co espírito do flamenco tradicional e do rock andaluz.

La Banda Morisca está afincada en Cádiz, onde levan cinco anos e dous traballos discográficos. O que nos veñen presentar a Redondela é o último deles: “Algarabya”.


About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed