Lanzamento libro “Amadeo Goyanes”

Data
01/04/2015 _ 20:00 h

Lugar
Casa da Cultura

Prezo: de balde

Categoría


O vindeiro mércores 4 de abril preséntase na súa vila natal o libro “Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte”  nunha xornada que contará cun concerto de Tobie Miller + Dúo Fdez&Quintá e a palestra de presentación co autor do libro Pablo Quintana, o corrdinador da serie Chave Mestra, Ramom Pinheiro Almuinha, o deputado de cultura Mario Vázquez e a concelleira de cultura de Monforte, Pilar López. Aproveitando a efeméride do centenario do seu nacemento e XX aniversario da súa morte, aCentral Folque pretende salientar o traballo fundamental dun persoeiro que fundou a primeira escolanía de zanfonas de Galicia, constructor humilde e mestre  gaiteiro e zanfoneiras.

Para isto, aCF leva máis de un ano traballando para publicar o que será o primeiro libro sobre a súa persoa e encomendou ao célebre Pablo Quintana para realizar unha exhaustiva investigación sobre o traballo de Amadeo Goyanes que xa ten dado fantásticos achádegos descoñecidos até o de agora. Ademais graváronse especialmente para esta publicación músicas do seu repertorio e novos temas saídos da factoría da aula de zanfona da Escola Livre da MPG atendida polo prestixioso zanfonista Óscar Fernández, debedora daquela primeira experiencia docente nos anos 70 que o propio Amadeo fundara.

O resultado é un libro con CD cun detallado texto sobre a vida e traballo musical de Amadeo Goyanes ameno e curioso para todos os públicos; partituras editadas  para os músicos e especialistas da zanfona; e un disco compacto.

Aproveitando a excepcional circunstancia de que Amadeo foi mestre do grupo As zanfoneiras de Monforte, convidamos para pechar a xornada de presentación, á intérprete máis recoñecida do mundo, a canadiana Tobie Miller, virtuosa do instrumento que actuará como solista por primeira vez na Península, presentado o seu último traballo “Journeys”. O concerto complerase co dúo Fdez&Quintá, zanfona e acordeón que tocarán algún tema do repertorio de Amadeo.


apresentmonforte

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed