Data
28/02/2019 _ 20:30 h
Lugar
Teatro Colon
Prezo: 10 € / 12 €
Categoría
Naima Acuña Project feat. Simon Moullier
Estrea do novo proxecto este xoves 28 Febreiro para abrir o ciclo Estación de Jazz da Coruña.
Naima Acuña é unha xoven e xa consagrada baterista de Jazz e Música Moderna, avalada por músicos top deste xénero como o baterista Alex Acuña (Chick Corea, U2, Santana, Ella Fitzgerald…), ou o saxofonista Greg Osby. Ten participado en numerosos proxectos, festivais e gravacións importantes, tanto en Europa como nos Estados Unidos, acompañando a músicos tan recoñecidos como Greg Osby, Mark Turner, Matt Brewer, John Escreet, Ben Van Gelder, Marquis Hill ou Liberty Ellman.
A coruñesa volta ao Teatro Colón acompañada polo reputado contrabaixista Paco Charlín e coa sorpresa do vibrafonista francés afincado en Nova York Simon Moullier, compositor, director de orquestra, productor, músico de xira activo que se ten presentado nos clubes e festivales de jazz máis respectados a nivel internacional… confirman a Moullier como unha das voces máis destacadas da súa xeración. Actualmente forma parte das banda de Herbie Hancock e de Terry Line Carrington, ademais de ser unha das xoves promesas de Quincy Jones.
- Naima Acuña. Batería
- Paco Charlín. Contrabaixo
- Simon Moullier. Vibráfono
+ info: http://www.naimaacuna.com/
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web