nCdF26: Pementela

Data
17/06/2026 _ 19:30 h

Lugar
CSC Romaño

Prezo: de balde

Categoría


Penúltimo concerto do ciclo No Campo de Fóra o mércores 17 xuño ás 19.30 h. no CSC do Romaño co trío  3 Netas da Pementela presentando o programa en concerto ‘As Fariñeiras’ con repertorio tradicional de Asados, Moares, Teaio e Reboiras farán unha recreación a través da música e a fala da subida que as mulleres de Asados (Rianxo) facían ás aldeas da montaña de Dodro e Rois cargadas con cestos para vender ou trocar alimentos. Concerto apto para todos os públicos.

Sobre o grupo 

3 NETAS DA PEMENTELA son:

Sabela Galbán Rodríguez: frauta travesa, gaita, acordeón, pandeireta e voz.
Martiño Galbán Rodríguez: percusión.
Félix Rodríguez Ramos: bombardino.

Martiño, Sabela e Félix comparten, ademais de músicas, avoa: Maruja a Pementela.

As tres criáronse como intérpretes musicais na Escola de Música de Rianxo e na súa banda. Máis tarde adentráronse tamén no mundo da música tradicional galega, de onde xa nunca máis se separaron. As 3 Netas da Pementela levan consigo unha proposta multiinstrumental, onde o bombo, o tambor e o bombardino serán a base para un repertorio con frauta travesa, gaita, acordeón, pandeireta e voz.

Sobre o espectáculo: As Fariñeiras

Maruja a Pementela, xunto con outras mulleres, foron apodadas As Fariñeiras, pois levaban víveres e produtos de primeira necesidade desde a parroquia de Asados (Rianxo) ata aldeas dos concellos de Dodro e Rois, como Teaio, A Devesa ou Buxán. Cargaban con grandes pesos e camiñaban longas distancias para gañar a vida.

As 3 Netas da Pementela fan unha homenaxe á fortaleza destas mulleres mediante pezas recollidas a gaiteiros e pandeireteiras dos lugares polos que transitaban as Fariñeiras, achegando deste xeito repertorio dos Rosales de Asados, os Portelas de Moares, pandeireteiras de Teaio e Reboiras (Dodro), entre outras.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Comments are closed.