Data
15/12/2022 _ 20:00 h
Lugar
Centro Polivalente
Prezo: de balde
Categoría
O xoves 15 de decembro ás 20 horas no Centro Social Polivalente de Brión estarán Pablo Castaño e Quico Cadaval presentando o seu novo espectáculo Ornithology.
Quico Cadaval dá forma a un espectáculo a medio camiño entre a narración tradicional, a épica escénica e o cabaret literario partindo de “Ornithology”, un dos mais populares temas de jazz. Pablo Castaño completa as progresións de Cadaval co seu saxo, reinterpretando clásicos do bebop. Unha experiencia na que se suceden a improvisación con aderezos humorísticos, poéticos, irónicos e virtuosísticos, espertando sorpresa e alegría no público. Esta actividade conxuga animación, aprendizaxe, descubrimento e socialización a través dos cales se pode transmitir a lingua con apego e eficacia á vez que reivindica o papel da narración oral e a música como elementos normalizadores ofrecéndolle á mocidade lecer e sociabilización en galego.